viernes. 03.04.2020 |
El tiempo
viernes. 03.04.2020
El tiempo

A feira 'Viveiro Vai de Voda' cancélase a causa da crise do coronavirus

Vista de Viveiro.JOSÉ Mª {ALVEZ
Vista de Viveiro.JOSÉ Mª {ALVEZ
A Asociación de Comerciantes Centro Histórico de Viveiro ten a intención de reunirse co Concello para valorar posibles medidas a tomar


A xunta directiva da Asociación de Comerciantes Centro Histórico de Viveiro, anuncia que, debido á situación actual motivada pola crise do coronavirus, vese na obriga de suspender tódalas actividades de dinamización comercial que tiña programadas para as próximas datas. Isto deriva na cancelación da Feira de Vodas 'Viveiro Vai de Voda', que se ía celebrar do 17 ó 19 de Abril.

A confinación provocada polo coronavirus provocará un período de incertidume económica, no que se van verafectadas moitas empresas, pequenos comercios, autónomos e tódolos seus traballadores polo cese da actividade económica. Prevese que os negocios pasen por grandes dificultades debido a esta interrupción da actividade que se decretou.

A Asociación de Comerciantes Centro Histórico de Viveiro anuncia que eximirá ós seus asociados do pago da cota do próximo mes

Deste xetito, a Asociación de Comerciantes Centro Histórico anuncia que lle corresponde "estudiar e facilitar a aplicación de axudas que poidan recibir e que lles poidan axudar a paliar a situación, por iso seguimos traballando para axudarlles na medida do posible dende o noso colectivo. Facendo un importante esforzo para a asociación".

A asociación anuncia que eximirá ós seus asociados do pago da cota do próximo mes. "Esperando a súa boa predisposición, como ven sendo habitual ca nosa asociación, gustaríanos establecer nos próximos días un diálogo de traballo co Concello de Viveiro para valorar as posibles medidas que dende o goberno local se poden levar a cabo para minimizar o impacto económico que esta crise vai deixar nun sector de vital importancia para a economía de Viveiro", sinala nun comunicado feito público este venres. 

Tamén apela á solidaridade dos arrendadores dos locais para que, na medida do posible, flexibilicen o pago dos importes dos alugueres. "E sobre todo, apelamos á conciencia da cidadanía. O comercio e hostalaría local dan vida ás nosas rúas, organizan campañas de promocións, sorteos,concursos, premios, colaboran con clubes deportivos, asociacións culturais,colexios da zona, festas de toda a contorna; en definitiva... dinamizan a economía local. Cando esta situación cese e poidamos abrir de novo as portas, remontar vai ser  moi complicado, e sen o apoio dos clientes non será posible", sinala a  Asociación de Comerciantes Centro Histórico de Viveiro . 

A asociación anima a que, cando o confinamento remate, a xente aposte polo comercio local

"Animamos a todos a mercar no comercio local, apoiando non só a comerciantes senón a amigos e veciños que son os que están detrás dos mostradores sacando adiante o seu negocio con moito esforzo. Non nos deixemos levar polas compras compulsivas por internet e apostemos polo comercio de proximidade", apunta o comunicado. 

Estes dias, no pouco tempo que podemos estarna rúa para facer as compras de primeira necesidade, vemos rúas baleiras, desertas, unha vila fantasma, sen vida algunha nin movemento...¿queremos que sexa algo temporal? ¿Ou corremos o risco de que seconverta en algo permanente?¿Queres vida na túa vila? Toma conciencia e merca e consume nos negocios locais. Os comercios e hostaleiros van poñer todo da súa parte.. apoiémolos e entre todos fagamos que as nosas rúas recobren vida", conclúe o comunciado.

A feira 'Viveiro Vai de Voda' cancélase a causa da crise do...
Comentarios