martes. 20.08.2019 |
El tiempo
martes. 20.08.2019
El tiempo

Feijóo chama en Burela á unión do voto no PP para "evitar un Goberno de Sánchez e os seus socios"

Mitin del PP en Burela. EP
Mitin del PP en Burela. EP

O líder do PPdeG confía en conseguir "unha maioría ampla de escanos no Congreso e no Senado"

O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, sinalou que unha maioría ampla no Partido Popular é "o que precisa Galicia" e "o que é bo para España" e que, deste xeito, "haberá máis xestión, máis oportunidades, máis emprego e menos impostos".  Por iso, nun mitin en Burela, apelou á unión nas urnas "para conseguir así unha maioría ampla de escanos no Congreso e no Senado" e "evitar un Goberno de (Pedro) Sánchez e os seus socios", segundo apunta o PP nun comunicado de prensa. 

Segundo destacou o líder do PPdeG, para que o 28 de abril sexa "unha oportunidade para Galicia e non un problema", o voto "ten que ser máis útil que nunca" para que desta forma goberne "un partido e un presidente ao que lle importen Galicia e España".  Ao seu xuízo, é "na unión das forzas como se consegue un goberno como o galego, que goberna e co que Galicia crece, crea emprego, incrementa as súas políticas sociais, cumpre os compromisos e aproba, ano a ano, os orzamentos", sinala o comunicado. 

Así, destacou que o PP é "un valor seguro para a estabilidade e para a gobernabilidade; para a economía, o crecemento e o emprego; e para a responsabilidade". E advertiu "dos riscos de entregar España, a través das mans de Pedro Sánchez, a nacionalistas e independentistas".

Por iso, fixo fincapé en que "o que é bo para Galicia é bo para España". "O que non queremos para Galicia non podemos querelo para España, porque nos importa", remachou. 

Feijóo chama en Burela á unión do voto no PP para "evitar un...
Comentarios