Expomar volverá do 9 ao 12 de maio de 2019 con novo equipo rector

A fundación burelá ten que relevar á edila Patricia Otera como secretaria e á xerente Catalina Sánchez, por xubilación

Sánchez Luengo e Otero cos presidentes de Expomar e a Diputación. AMA
photo_camera Sánchez Luengo e Otero cos presidentes de Expomar e a Diputación. AMA

A Feira Náutico Pesqueira Expomar 2019 celebrarase do 9 ao 12 de maio, acordou o padroado da Fundación Expomar que, trala saída de Patricia Otero do goberno municipal, debe relevala como secretaria e en breve contratará tamén nova xerente, despois da marcha por xubilación da actual, Catalina Sánchez Luengo.

O presidente da Fundación Expomar, Alfredo Llano,dixo que "miramos como estaba a situación, cantos patróns seguen vixentes, e seguimos todos os que estábamos, coa preocupación pola Cámara de Comercio, xa que non sabemos moi ben en que condicións está agora mesmo para contar con ela formalmente ou non, pero o resto seguimos igual. Está Ahew, o Concello, Armón, Pescados Rubén e a CEL no padroado".

Llano explicou que "entre outras cousas o que decidimos foi as datas de celebración da Feira Náutico Pesqueira para o ano que vén, que van ser do 9 ao 12 de maio de 2019. Intentaremos que sexa unha feira adaptada á vangarda do sector pesqueiro e imos procurar organizar un evento acorde ás necesidades e ás exixencias actuais do sector. Tamén estivemos mirando o novo secretario para o padroado, dado que xa non contamos con Patricia Otero como concelleira, que era a secretaria actual, e en canto incorporemos ao novo concelleiro imos intentar facer unha renovación".

O novo xerente traballará para definir o programa. "Se xubila por idade quen estaba ata agora, que era Catalina Sánchez Luengo, que estivo facendo unha boa labor todos estes anos pero agora, ao chegar a súa xubilación, decidimos realizar unha contratación que faremos efectiva o antes posible, para que se poña ao cargo inmediatamente", dixo o presidente da fundación burelá.

Llano sinalou que "trataremos de conformar as condicións para facer unha boa feira exposición, un encontro empresarial e ter tamén unhas boas xornadas técnicas acorde ás esixencias dun sector tan importante para Burela".

Comentarios