jueves. 04.03.2021 |
El tiempo
jueves. 04.03.2021
El tiempo

Os usuarios da residencia de maiores de Ribadeo recibiron a segunda dose da vacuna do covid

Os usuarios da residencia de maiores de Ribadeo foron vacinados durante a mañá deste xoves ao igual que o persoal desta instalación. A primeira dose da vacina fóralles subministrada o pasado 31 de decembro.

 

O alcalde, Fernando Suárez, dixo que «estamos moi satisfeitos de ter podido completar este ciclo de vacinación no Centro de Atención a Persoas Maiores de Ribadeo. Oxalá pronto poidamos facer o mesmo no Hospital Asilo. Iso será cando todos os doentes que padecen o virus estean curados e o gromo estea totalmente erradicado. Agardamos que xa non quede moito para chegar a ese momento».

Os usuarios da residencia de maiores de Ribadeo recibiron a segunda...
Comentarios