jueves. 13.05.2021 |
El tiempo
jueves. 13.05.2021
El tiempo

Emilio

Sorprendeume outro amigo aquela mañá cunha mensaxe sinxela: "morreu Emilio". Non fixo falta que enunciara o nome completo, Emilio Piñeiroa Lozano, nin un cualificativo usado ás veces con outra xente, ‘o de historia’. Sabiamos o que sufrira no outono e dende o outono agora. Mais, tamén criamos que ía superando unha serie de tropezos na súa recuperación. Ó final, houbo algún co que non deu feito e marchou.

Xubilado non hai tantos anos, os seus 68 eran xoviais, tal como representaba a súa vida ós nosos ollos. Pacífica vida de familia e adicación ó mundo da historia próxima, da nosa historia, por terras de Barreiros e Ribadeo. Unha historia que contribuiu a facer máis próxima e máis nosa. Todos os que o coñecimos lembramos a súa intervención en favor e difusión do conxunto da capela da Virxe das Virtudes da Ponte de Arante, entre outras de menos difusión, dende o círculo lítico da Roda a capelas do camiño de Santiago na zona, pasando polas pegadas á beira do río Grande nas Anzas ou os muíños de vento de Ribadeo. Pero máis lembramos a súa charla —ás veces imparable— sorrinte e vital, arrastrando non, senón levando da man e animado ó interlocutor polos camiños da historia ou outros que viñeran ó caso. Con mente aberta e elevándose ó voo dun xeito que tamén levaba ós demais a elevarse e observar a amplitude contemplada a través da súa ampla visión.

Como non fun alumno seu, deixo esta faceta para o final. Non porque sexa menos importante —mentres estivo en activo como mestre máis ben era a que destacaba—, senón porque foi a que quizais prolongue máis adiante a súa vida no devir dos demais. Desas persoas que aprenderon a querelo ó tempo que aprendían co seu querer.

Un amigo bo e xeneroso que se foi.

Emilio