Dous acusados de pegar a outro en Lieiro afrontan tres anos de prisión

No Penal 1 celebrouse o pasado venres outro xuízo por lesións tamén rexistradas unha noite, nun bar da comarca

Juzgados de Lugo. XESÚS PONTE
photo_camera Juzgados de Lugo. XESÚS PONTE

Dous varóns, sen antecedentes penais, afrontan penas de tres anos de cárcere para cada un deles, como solicita a Fiscalía, por agredir supostamente a outro home nas festas de Lieiro, en Cervo, en 2015. O xuízo por este caso celebrarase o vindeiro xoves, no Penal número 2 de Lugo.

Tras unha discusión, un dos sinalados na causa, propinóulle un puñetazo á vítima que o deixou no chan, mentres que o outro presunto autor do delito de lesións, déulle unha patada cando aínda estaba deitado.

O agredido sufríu unha contusión facial que requeriu dun tratamento médico e cirúrxico con dez días, non impeditivos, para a súa curación. O ministerio fiscal insta a que os acusados indemnicen á vítima con 500 euros e ao Sergas polo custe económico ocasionado.

Aparte, o pasado venres, no xulgado do Penal número 1 de Lugo, celebróuse outro xuízo por lesións, que sucederan nun bar da Mariña unha madrugada de xullo de 2014. Tres homes agrediron a outro a puñetazos, segundo a Fiscalía. A vítima requeríu 159 días para curarse, dos que 45 non puido realizar actividade algunha. A fiscal esixe un ano de cárcere para cada un deles; o pago dunha indemnización de 3.000 euros para o lesionado e de 2.300 para o Sergas.

Comentarios