Ao dono do restaurante As Catedrais parécelle ridícula a contía de expropiación

En declaracións que fixo ao respecto, tratando de evitar o asunto, veu dicir que esa cantidade non se achega nin de lonxe ao valor do negocio

O propietario do restaurante As Catedrais, ubicado na mesma praia e que o plan de protección do enclave deseñado polo Concello prevé eliminar mediante a expropiación, parécelle ridícula a idea e sobre todo os preto de 200.000 euros propostos inicialmente para a adquisición.

En declaracións que fixo ao respecto, tratando de evitar o asunto, veu dicir que esa cantidade non se achega nin de lonxe ao valor do negocio.

De calqueira xeito, preferíu non pronunciarse sobre o asunto e deixou caer que vai loitar por evitar a pretendida expropiación. Este xornal puido este martes falar con el debido a unha sanción de 200 euros que a Axencia de Turismo lle comunicou, a través do Diario Oficial de Galicia (Doga). A infracción leve vén motivada polo feito de non facilitar as follas de reclamacións.

O dono descoñecía este asunto. Clarexou que nestes momentos o establecemento está pechado, xa que adoita reabrir a primeiros de marzo. Quizáis se debe a iso que se fixera público o expediente sancionador, "xa que intentada a notificación polos medios habituais non puido practicarse", segundo o Doga. O precepto infrinxido ten que ver coa non disposición dos libros que esixe a lexislación e con negarse a facilitar as follas, mesmo se a reclamación se debe á denegación do acceso ou á non prestación do servizo.

Comentarios