O POLIDEPORTIVO do Vicedo encheuse este sábado de ledicia co gallo do Encontro de Avós e Netos organizado polo Concello que preside Jesús Novo e que xuntou máis de 250 persoas para compartir un xantar, aderezado con sorteo de agasallos donados por proveedores municipais e empresas da localidade, que arrincou pasadas as sete da tarde, ademais dun baile animado polo trío JM de Ortigueira, que encheu de ambiente o pavillón ata que aló cerca das dez da noite acabou a festa cos últimos compases do grupo musical e pecharon as portas do pavillón.
A xuntanza empezou a facerse hai 28 anos e quixeron darlle un toque distinto, polo que decidiron que tamén participasen os máis novos, favorecendo así a convivencia e intercambio cos maiores. Aos 89 homes, 90 mulleres e 50 rapaces uníronse este sábado uns quince representantes da corporación e colaboradores que participan na organización da festa.
A muller de maior idade foi Rufina Rey García, de 97 anos, quen foi agasallada cun centro de flores, mentras o home máis lonxevo é Marcial Vale Martínez, de 93, ao que lle entregaron unha carteira. Os demais recibiron un chaveiro, no caso dos homes, e un foulard no das mulleres, mentras que os máis novos tiveron un agasallo distinto segundo a súa idade.
O menú, que serviu polbería Mario de Viveiro, estivo composto por polbo e codillo, xunto con chourizo, tarta de Santiago de postre e bebidas, dende licores ata viños e refrescos. A xornada de convivencia prestouse para compartir recordos, volver a ver aos veciños e pasar un día agradable, no que tampouco faltaron as colchonetas e xogos para os máis pequenos co obxectivo de favorecer tamén unha xornada divertida para eles.