A Devesa seguirá en vivo a entrada na RAG do seu veciño de Lourenzo Fernández Prieto

O Concello de Ribadeo instalará este sábado a mediodía unha pantalla xigante no Círculo Habanero da parroquia para seguir a cerimonia na que haberá un discurso sobre a memoria, a historia e a política do seu veciño
Lourenzo Fernández Prieto. RAG
photo_camera Lourenzo Fernández Prieto. RAG

O Concello de Ribadeo quere que os veciños da parroquia da Devesa poidan seguir xuntos e en vivo este sábado a mediodía a entrada na Real Academia Galega do seu veciño Lourenzo Fernández Prieto, nado alí no ano 1961 e que segue cinguido á súa orixe. Para facelo, habrá unha pantalla xigante no edificio do Círculo Habanero.

Fernández Prieto, que é catedrático de Historia Contemporánea na USC, ingresará na RAG  como membro de número e farao na cidade na que medrou, Ferrol. Como aceso á RAG, dará un discurso titulado A memoria, a historia e a política. A esquecida polémica Cela versus Paz-Andrade sobre a lexitimidade democrática, a memoria republicana e a Autonomía de Galicia en xullo de 1977. Posteriormente daralle resposta en nome da institución o coordinador da sección de Historia da RAG, Ramón Villares.

Lourenzo Fernández Prieto ocupará a vacante producida no ano 2020 polo pasamento doutra persona vencellada a Ribadeo: Luz Pozo Garza.

As personas interesadas tamén poderán seguir esta cerimonia a través da canle de Youtube da Real Academia Galega.

Comentarios