Descenden a 30 os casos de covid rexistrados en Viveiro

Policías locales en Viveiro. J.Mª ÁLVEZ
photo_camera Policías locais patrullan por Viveiro. J.Mª ÁLVEZ

O Concello de Viveiro rexistra unha notable baixada nos casos de covid-19. "A día de hoxe hai un total de 30 casos activos  no municipio. Esta cifra supón unha importante melloría da situación epidemiolóxica en Viveiro e contrasta cos 73 casos do pasado día 9 e os 113 do pasado día 2", sinalan desde o consistorio.

"Este avance nos datos deriva do aumento das altas e o descenso dos contaxios. O cumprimento das medidas e restricións provoca unha menor incidencia do virus no municipio. O Concello de Viveiro agradece o comportamento dos veciños e veciñas e está a espera das decisións que tome o Consello Asesor Médico da Xunta de Galicia. Co obxectivo de continuar nesta tendencia de descenso dos casos, dende o goberno municipal solicítase moita precaución e continuar co cumprimento das medidas e limitacións impostas. É fundamental non baixar a garda e non confiarse para poder superar pronto esta situación", explican dende a alcaldía.

Más en A Mariña
Comentarios