Desactivada a prealerta por seca na Mariña e Ortegal

Un día de lluvia en Foz. ARCHIVO
photo_camera Un día de chuvia en Foz. ARQUIVO

A Oficina Técnica da Seca desactivou o estado de prealerta nas comarcas de Ortegal e da Mariña lucense ao consolidarse os niveis de ocupación de auga dos ríos e dos encoros.

Informou diso a Xunta nun comunicado, no que detalla que a directora de Augas de Galicia, Teresa Gutiérrez, presidiu este luns unha nova reunión deste órgano, na que se decidiu desactivar o aviso nesas zonas. Segundo a Administración autonómica, as precipitacións rexistradas en outubro apontoaron os niveis de ocupación dos ríos e confirmaron a tendencia positiva que se observou nos últimos meses

Os datos avaliados na reunión tamén mostran un incremento na ocupación dos encoros da demarcación hidrográfica Galicia-Costa. Neste sentido, os rexistros dos encoros mantéñense nas últimas semanas por enriba da media do últimos dez anos. 

A Xunta lembrou que a Oficina Técnica da Seca, integrada por técnicos de Augas de Galicia, da Consellería do Medio Rural, Meteogalicia e a Dirección Xeral de Emerxencias, activou en xullo a situación de prealerta nestas comarcas como aviso temperán para prepararse con suficiente antelación ante un eventual escenario de seca. 

Comentarios