Derby Motoreta's Burrito Kachimba, entre as primeiras confirmacións do Osa do Mar

A organización do festival burelés, que se celebrará en agosto, vén de adiantar os primeiros nomes das bandas que compoñerán o cartel
Derby Motoreta's Burrito Kachimba, durante la actuación. SEBAS SENANDE
photo_camera Derby Motoreta's Burrito Kachimba, durante a súa actuación no pasado San Froilán. SEBAS SENANDE

O Osa do Mar vén de desvelar as primeiras confirmacións do cartel do festival, que se celebrará en Burela durante o mes de agosto.

A organización do festival mariñano sorprendeu este martes ao adiantar xa os primeiros nomes dos grupos. Entre eles destacan Derby Motoreta's Burrito Kachimba, banda sevillana que despuntou durante o pasado 2019, ano no que percorreu España presentado a súa proposta de rock psicodélico.

Ademais, subiranse ao escenario os grupos caboverdianos-burelenses Batuko Tabanka e Bando Krioula, Blanco Palamera, Grande Amore –proxecto en solitario do tamén burelés Nuno Pico, cantante de Oh! Ayatollah–  Grande Osso, Ezetaerre,  KITAI, Parquesvr, Sen Senra, os muradáns The Rapants e os coruñeses The Wonderminds. 

A organización tamén adiantou que a fin de semana grande do festival será a do 14 e 15 de agosto.

Comentarios