Suspendidas as visitas, saídas e ingresos nas residencias de maiores da Mariña

A Consellería de Política Social indica que non hai ningún contaxio nestes centros e que a medida adóptase por prevención ante o rebrote detectado en Xove

Residencia de Ribadeo. AMA
photo_camera Residencia de Ribadeo. AMA

As autoridades sanitarias solicitaron ás residencias de maiores da Mariña que suspendan as "visitas, saídas e novos ingresos" como medida preventiva ante o rebrote de coronavirus detectado esta semana en Xove.

Fontes da Consellería de Política Social indicaron que non hai ningún caso nas residencias e que a medida das autoridades médicas adóptase por prevención e para controlar el alcance del brote.

A petición afecta a todo tipo de centros, calquera que sexa a súa titularidade, e manterase mentres se trata de determinar o alcance do foco e en función da evolución do mesmo, aínda que en principio se fixou como horizonte temporal o luns. 

Pola súa parte, a Deputación de Lugo xa informou da suspensión de visitas e saídas nos centros de atención a maiores de titularidade provincial de Ribadeo e Trabada.

Tamén por prevención, os centros de Pol e da Fonsagrada retroceden á fase 1 da desescalada, o que implica restricións de acceso ás residencias de persoal alleo aos centros e medidas de seguridade máis estritas.

"Cremos que debe primar a prudencia e a anticipación sempre que estea ao noso alcance, por iso tomamos esta decisión para minimizar o risco de contaxio e protexer ós nosos maiores”, explicou o Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón.

Más en A Mariña
Comentarios