sábado. 28.11.2020 |
El tiempo
sábado. 28.11.2020
El tiempo

Denunciada unha empresa de cobros ao trabucarse de moroso en Trabada

Imaxe de arquivo dun cobrador de morosos. EP
Imaxe de arquivo dun cobrador de morosos. EP
Un vecino foi á Garda Civil logo de que dous membros da firma preguntasen por el a veciños e familiares para esixir 3.500 euros

Unha empresa de cobros de morosos, El Buda del Moroso, foi denunciada ante a Garda Civil por unha presunta intromisión no honor dun veciño de Trabada, J.G.B., de trinta anos de idade e afincado nesta localidade, ao que dúas persoas de dita firma lle reclamaban unha cantidade de 3.500 euros.

Segundo o texto da denuncia, as dúas persoas de dita empresa presentáronse na localidade de Trabada e preguntaron a varios veciños polo denunciante ata que conseguiron dar co seu domicilio, onde os atendeu a súa avoa xa que el non estaba nese momento. Segundo a denuncia, deixaron un número de teléfono apuntando ademais ameazas veladas de tipo xurídico, o que segundo os denunciantes supuxo un quebranto tanto para a avoa de J.G.B. como para os seus propios pais, que chegaron máis tarde, así como a súa irmá.

Cando os familiares se puxeron en contacto coa empresa El Buda del Moroso e descubriron que en realidade a débeda correspondía a outra persoa, os seus representantes, sempre segundo a denuncia, indicáronlles que non se facían responsables de ningún tipo de erro que se puidera ter cometido no proceso nin tampouco na forma en que se tramitou a reclamación. Isto motivou que finalmente presentasen a denuncia, xa que non só non se disculparon polo sucedido ante a familia de J.G.B., nin tampouco cos seus sogros, unha familia de Lourenzá cuxa casa tamén visitaron na mañá de onte.

Os denunciantes entenden que se trata dunha intromisión no seu honor non só polo quebranto á súa familia senón polo feito de que buscaron a esta persoa realizando preguntas a numerosos veciños que deixaban claro de que se trataba e así o fixeron constar na súa denuncia ante a Garda Civil.

Denunciada unha empresa de cobros ao trabucarse de moroso en Trabada
Comentarios