Noel Pinín: "Unha empresa que entra no grupo aumenta un 25% a facturación"

O presidente do BNI Torques A Mariña, un grupo integrado por dezaoito firmas da comarca, ten a intención de que éste sega a medrar ► Os empresariosrealizan reunións semanais no hotel Oca de Foz co obxectivo de compartir sinerxias para ampliar a rede de clientes e xerar negocio
Noel López Pinín. DV
photo_camera Noel López Pinín. DV

O NUTRICIONISTA burelés Noel López Pinín é o actual presidente do BNI Torques A Mariña.

En que consiste o BNI?

É un sistema de networking a nivel mundial que se creou en Estados Unidos hai 35 anos e ten 260.000 membros en 74 países de todo o mundo. Na Mariña hai un grupo que leva aproximadamente catro anos funcionando e a súa finalidade é a de apoiarnos, ter máis visibilidade na zona e xerar negocio.

"Agora mesmo estamos nunha liña ascendente, no verán eramos uns 13 membros e actualmente somos 18"

Que momento atravesa o BNI Torques A Mariña?

Agora mesmo estamos nunha liña moi ascendente, en verán eramos uns 13 membros e agora somos xa 18, estamos crecendo a un ritmo moi alto e a dinámica do grupo é moi boa. Actualmente as reunións fanse no hotel Oca de Foz, son todas as semanas, coa participación de empresas de toda A Mariña, incluso nos gustaría abarcar a zona limítrofe de Galicia con Asturias.

Cales son as empresas que forman parte hoxe do grupo?

AnimaMundi Ribadeo, Papelería Folder, Sonia García Podología y Biomecánica, de Ribadeo; Oca Hotel, Talleres Armando, Seguros Bilbao, Fricost, Sonova Tecnoloxía e Os Molineros, de Foz; Noel López Pinín Centro de Bienestar, Alain Afflelou e Hipoweb, de Burela; Viveiro Asesores, Díaz & Abad Abogados, Dolotravel Agencia de Viajes, Pinturas y Decoraciones Romeo, Enervi (Repsol Butano) Gas y Electricidad, de Viveiro, e Almacenes Huertas de A Pastoriza.

A canto ascende a facturación destas empresas?

A uns 3,5 millóns de euros.

Están abertos a novas incorporacións?

Animo á xente a que acuda a unha reunión para que vexa desde dentro a dinámica do grupo. No BNI éntrase por invitación e hai unha votación do comité de membros para decidir se a empresa que presenta a súa candidatura entra; priman moito a profesionalidade e a seriedade.

Que actividade realizan?

Nas reunións de todas as semanas ímonos coñecendo todos máis, pedímonos contactos, divulgamos promocións... A fin do grupo é xerar negocio, ter máis visibilidade na zona e ampliar a rede de contactos. Tamén ofrecemos formación gratuíta, facemos talleres para o equipo de liderado, para aprender a falar en público ou explotar cunha visión máis comercial a empresa.

As empresas perciben un efecto positivo por pertencer ao grupo?

Está demostrado que unha empresa que entra no grupo BNI aumenta un 25% a facturación. Isto é un activo, non un pasivo; hai unha cota para formar parte do grupo pero é un activo, en función de como traballes ese activo vaiche achegar máis ou menos beneficio, pero unha persoa que segue os protocolos do BNI está demostrado que aumenta a facturación un 25% a través dos GNC, Gracias por Negocio Cerrado. Está todo moi pensado para sacar a máxima rendibilidade posible.

"O obxecto é seguir con esa dinámica de grupo e ampliar os sectores; tamén incorporar empresas do Occidente"

Dende cando é presidente e que retos ten para esta etapa?

O equipo de liderado renóvase cada seis meses e eu antes estaba no grupo de Lugo, pero hai dous meses paseime para o da Mariña por cercanía e dende que me incorporei son o presidente, dada a traxectoria e experiencia que tiña no grupo anterior. O obxectivo é seguir con esa dinámica de grupo, seguir crecendo e ampliar os sectores, por exemplo contar con algunha construtora, ou dentro do sector da sanidade un odontólogo ou un fisioterapeuta.

Más en A Mariña
Comentarios