lunes. 18.01.2021 |
El tiempo
lunes. 18.01.2021
El tiempo

Cribado masivo en Viveiro este domingo ante el aumento de casos

Cribado en Xove, esta semana. J.Mª ÁLVEZ
Cribado en Xove, esta semana. J.Mª ÁLVEZ
Está dirigido al sector servicios y habrá que anotarse previamente

El Sergas realizará un cribado masivo en Viveiro, este domingo, sobre todo dirigido a los trabajadores del sector servicios. Habrá que anotarse previamente, con este viernes como fecha límite para hacerlo.

La incidencia acumulada en el municipio, según los datos facilitados por el Sergas este jueves y actualizados hasta las 18.00 horas del miércoles, es de 578 casos por cada 100.000 habitantes, tras detectarse 89 en los últimos 14 días.

Este es el comunicado del Concello
"O Concello de Viveiro informa que, ante o aumento dos casos positivos por covid-19 nos últimos días no municipio, o Sergas decidiu realizar un cribado masivo no municipio. O fin dos tests é detectar posibles casos en persoas asintomáticas e, deste xeito, frear a cadea de transmisión do virus, xa que moitos dos casos detectados eran persoas que non presentaban síntomas.

O cribado diríxese a traballadores e traballadoras do sector servizos (comercio, supermercados, hostalaría, farmacias, gasolineiras, perruquerías...), entendendo que se trata dos colectivos máis expostos.

As probas realizaranse este domingo 10 de xaneiro, ao longo de todo o día, no pavillón municipal. Todas aquelas persoas interesadas en realizar a proba deben anotarse chamando ao teléfono 676877799 ou no correo electrónico [email protected] antes das 21.00 horas do venres 8 de xaneiro de 2021. Tamén poden anotarse na Casa do Concello, o venres 8 de xaneiro, en horario de 9:00 a 14:00 horas.

No momento de anotarse debe facilitarse nome e apelidos, DNI, número de teléfono e actividade que realiza. O Sergas encargarase de chamar a cada persoa para indicarlle a hora á que deben presentarse.

Dende o Concello de Viveiro, recoméndase encarecidamente a todas aquelas persoas que traballen nos colectivos mencionados que colaboren na realización deste cribado. O goberno local recorda que a súa participación axudará a frear, á maior brevidade, o aumento de contaxios en Viveiro.

Aproveitando a realización deste cribado, tamén se realizarán probas PCR ós traballadores/as de axuda no fogar, ós empregados/as da Asociación de Alzheimer e ao departamento de Servizos Sociais, xa que este colectivo está en contacto continuo con persoas vulnerables".

Cribado masivo en Viveiro este domingo ante el aumento de casos
Comentarios