Cortada unha estrada en Alfoz tras un afundimento na calzada causado pola choiva

A Deputación prevé que a LU-P-6306 podería ser reaberta esta semana tras realizar os traballos precisos

Un indicador na estrada LU-P-6306. GOOGLEMAPS
photo_camera Un indicador na estrada LU-P-6306. GOOGLEMAPS

Os servizos de Xestión Territorial da Deputación de Lugo traballan este martes no arranxo da estrada LU-P-6306 en Alfoz, na parroquia do Pereiro, tras producirse este luns un afundimento na beira da calzada á altura do quilómetro 2. A institución provincial apunta que a causa pode estar nas "intensas chuvias" das últimas horas. 

A estrada, que une Alfoz coa parroquia do Cadramón —no Valadouro—, está cerrada, coa previsión de que se podería restablecer o tráfico esta semana se as condicións meteorolóxicas posibilitan os traballos.

Os operativos sinalizaron o lugar e comezarán coa reposición da drenaxe da estrada para despois renovar o firme neste punto. 

Comentarios