Corenta aniversario do Club de Piraguismo Altruán de Ribadeo

A entidade ribadense recibiu a felicitación dos responsables políticos por impulsar na comarca o deporte náutico
Los deportistas y técnicos del Altruán, en la celebración de ayer. AEP
photo_camera Los deportistas y técnicos del Altruán, en la celebración de ayer. AEP

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella e o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, acompañaron este venres ao club de piragüismo Altruán de Ribadeo nos actos de celebración do seu corenta aniversario, no que tamén estivo o alcalde, Fernando Suárez, e outros concelleiros da corporación ribadense.

Os responsables autonómicos felicitaron á entidade ribadense por impulsar na comarca o deporte náutico, con grande potencial en Galicia, e reafirmaron o compromiso da Administración galega co fomento do deporte, con programas de axudas como os destinados a clubs e entidades deportivas para contribuír a desenvolver a súa actividade e adquirir equipamento, que o ano pasaron supuxeron a distribución de 266.500 euros na Mariña.

Tamén avanzaron que en breve se resolverá a segunda convocatoria de subvencións de 2022 para comprar equipamento, dotada con preto de 4 millóns de euros, que se suman aos case 700.000 xa aprobados este ano. Apuntaron que hoxe precisamente o DOG publica a resolución de solicitudes admitidas, inadmitidas e os prazos de emenda, sinalaron dende a Xunta.

Comentarios