miércoles. 12.08.2020 |
El tiempo
miércoles. 12.08.2020
El tiempo

Un confiado tiburón causa sensación na ría de Foz

O escualo achegouse moito ás persoas e varias inmortalizaron a escea

Os avistamentos de tiburóns están á orde do día na Mariña. Este domingo a súa presenza na ría de Foz causos sensación a mediodía entre os bañistas, que non dubidaron en inmortalizar a escea cos seus teléfonos. O escualo achegouse tanto ás persoas que nas gravacións obsérvase claramente a súa fisionomía. Segundo confirmou un biólogo mariño, trátase dun tiburón azul ou 'tintorera' que nadaba tranquilamente alleo á expectación causada.

Son exemplares que viven en todos os mares e océanos do mundo. Miden uns 2,5 metros e pesan 80 kilos.

Non é o primeiro tiburón que causa sensación nos últimos días en areais da comarca. Os usuarios da praia barreirense de Fontenla-Balea avistaron o o venres pola tarde un animal que se correspondía con un exemplar de peregrino, aínda que tamén pensaron que podría tratarse dunha quenlla. Finalmente, desde a Coordinadora para o Estudo dos Mamímeros MAriños (Cemma) indicaron que as imaxes só coincidían cun tiburón peregrino, pero pequeno.

 

Un confiado tiburón causa sensación na ría de Foz
Comentarios