sábado. 31.07.2021 |
El tiempo
sábado. 31.07.2021
El tiempo

O concello de Viveiro realizará un cribado entre mozos e mozas de 18 a 30 anos

Aspecto de la Praza Maior de Viveiro pasadas las doce del mediodía, sin las terrazas habituales. EP
Praza Maior de Viveiro. EP
Levarase a cabo este sábado no Pavillón Municipal. O Sergas citará os mozos remitíndolles un SMS.

O Servizo Galego de Saúde, en colaboración co Concello de Viveiro, realizará este sábado, 24 de xullo, un cribado no municipio. Está dirixido a mozos e mozas de entre 18 e 30 anos e levarase a cabo no Pavillón Municipal. As probas detectan sobre todo asintomáticos, evitando así que aumenten os casos.

O Sergas citará os mozos remitíndolles un SMS, polo que dende o concello solicitan a todos aqueles que non teñen os datos actualizados que os actualicen canto antes.

Dende o goberno municipal pídese a máxima colaboración participando neste cribado dirixido a este tramo de idade, pois, canta máis xente participe, mellor para todos.

Segundo os datos facilitados polo Sergas, a día de hoxe hai no municipio viveirense 96 casos.

O concello de Viveiro realizará un cribado entre mozos e mozas de...
Comentarios