O Concello rexistra a marca Horta de Mondoñedo para os produtos locais

O distintivo, que busca identificar e garantir a orixe, poderán solicitado os produtores agrarios do municipio 

aaa
photo_camera Mercado con produtos de horta, en Mondoñedo. AMA

O Concello de Mondoñedo xa ten solicitado o rexistro da marca Horta de Mondoñedo para identificar e garantir a orixe dos produtos locais e espera a resolución positiva en poucos meses. "Trátase simplemente dun trámite", asegura Zoila Gulín, avogada especializada en propiedade industrial e representante do Concello no proceso de creación desta marca, que tamén adianta que xa están traballando nun regulamento que se axuste ás esixencias dunha marca de garantía, xa que "aínda que con este distintivo que solicitamos xa se garante a procedencia dos produtos, coa marca de garantía profundízase máis en procedencia e control".

O Concello incluíu aos produtores locais en todo este proceso e xa hai algúns interesados en contar con este logotipo para identificar a súa produción. Para iso, en pouco tempo xa poderán facer a correspondente solicitude nas oficinas municipais.

O que xa está rematado é o regulamento de uso de Horta de Mondoñedo, que só se vai poder aplicar para identificar os produtos agrícolas do sector primario procedentes do municipio mindoniense. Poderán solicitar o seu os titulares de explotacións agrícolas situadas no termo municipal e que vaian comercializar produtos amparados nesta marca. As persoas interesadas en usar este distintivo deberán formular unha petición expresa ao Concello, que será o que tome a decisión sobre a concesión ou non do uso da marca unha vez revisada a documentación. A autorización será concedida con carácter intransferible e temporal, de xeito gratuito. A duración do seu uso será dun ano e entenderase automaticamente prorrogada previa solicitude do titular antes de que remate o periodo
de vixencia.

As persoas que usen o distintivo deben respectar estritamente o deseño e deben empregalo sempre de xeito completo e acompañando a marca principal do produto e con carácter secundario respecto a ela, salvo que o produtor careza de distintivo propio. Non cumprir con algúns dos requisitos marcados no regulamento conlevará a denegación ou revocación de uso.

Co proceso xa tan avanzado, Gulín espera que a nova marca «teña unha boa acollida, tanto entre os produtores coma entre os consumidores». Tamén neste senso se pronunciou a alcaldesa, Elena Candia, que subliñou a importancia de comercializar a produción baixo unha marca que aporte garantías ao consumidor e que serv apara dar un valor engadido á calidade coa que contan os produtos da horta mindoniense.

Comentarios