Un coche que envorcou en Chavín causa unha alerta ao quedar coas luces acesas

O conductor saíu ileso do percance.
photo_camera Ambulancia. EP

Un coche que saíu da vía ás catro da tarde na estrada que une Chavín con Miñotos, á altura do lugar de Rubeiras, dentro do concello de Viveiro, causou este xoves ás sete e cuarto da tarde unha nova alerta ao quedar envorcado coas luces acesas. Un conductor que pasou pola zona avisou ao 112 que mobilizou aos servizos de emerxencia (bomberiros de Viveiro, Protección Civil e 061) para que comprobasen se houbera un novo accidente.

A Garda Civil xa dera conta de que o vehículo quedaba ao fondo dun precipicio e que era necesario un guindastre para a súa retirada, pero aínda non se fixera esa operación e o coche non entorpecía o tráfico. O conductor saíu ileso do percance.