lunes. 19.04.2021 |
El tiempo
lunes. 19.04.2021
El tiempo

"Coas cesións e alugueiros fago a miña propia concentración de terra"

ALBERTO , GANADERO DE MOUCIDE EN O VALADOURO QUE EN VERANO SUBE SU GANADO AL MONTE A QUE PASTEN Y EN INVIERNO LAS TIENE EN UNAS FINCAS DE MOUCIDE
Alberto Souto. J Mª ÁLVEZ
A cría de gando para carne non pasa polo mellor moemnto debido á pandemia polo parón da hotalaría e prezos de hai 25 anos. Pero Alberto Souto, gandeiro de Moucide, non tira a toallae adquiriu terreo, amansando plantacións de monte outra vez para pradería. A parroquía segue así viva

DI que o maior atranco para os gandeiros é que os prezos están como hai 25 anos pero os custes de manter os rabaños subiron moito. Aínda así, Alberto considera vocacional a súa dedicación ao agro e acaba de ampliar e mellorar os pastizais da súa parroquia de Moucide.

Cantas cabezas ten agora?

Unhas sesenta, que non son tantas. Antes criábamonos en casas que tiñan cinco ou seis vacas pero agora apenas quedamos uns poucos gandeiros, pero con moitos animais porque senón, non se defende. A maior parte dos veciños deixou a actividade e os novos non seguen. Con iso e todo, teño que dicir que nesta zona do Valadouro hai bastante gando de carne porque as explotacións de leite non dan e reconvertíronse.

Acaba de sementar prado e cercar unha gran cantidade de terreo.

Comprei unhas fincas e parte delas estaban a monte. Como non me gusta o monte xunto ao prado, fixen a obra. Non se pode ter no mesmo sitio un monte e un prado, pois o primeiro acaba con el. E porque tamén son máis de especies autóctonas.

"Esa cousa artificial responde, como moitas máis cousas a intereses polo meido. Se hai que probe e pique..."

E as vacas de que razas son?

Asturianas del valle. Empecei a compralas fai tempo a un tratante e estou contento porque dan boa carne, son moi mansas, aproveitan ben o monte e tan boas de leite como as galegas. De rubia galega teño poucas pero tampouco ningún prexuízo con elas.

Di que as sube ao monte tamén?

Por aquí estan de decembro a maio e no verán van para o monte da parroquia porque límpano e así evítanse os incendios e aproveito para ensilar a herba que medra nos prados.

Teñen monte comunal aquí?

Os montes de Moucide e Budián nos altos están divididos. Non dá para plantar e vale para o gando e en aluguer cos eólicos. Son montes veciñais non comunais. No Valadouro só están como comunais os de Santo Tomé e Santa Cruz.

Sería bo facer unha concentración parcelaria?

Ao contrario de Foz, onde teñen case todo aparcelado, aquí non. Se cadra sería boa de cara a andar coa maquinaria e cambiar o gando, o que ocorre é que pouca xente se dedica xa a isto, o de gandeiro está de capa caída. A min agora mesmo case me é igual que a fagan ou non porque eu estou facendo a miña propia concentración, entre o que me van cedendo ou o terreo que vou alugando aos veciños que se xubilan. Pouca xente quedou con gando.

Agora coa pandemia e o peche hostaleiro tamén se notan moito as horas baixas nas explotacións.

Mandei hoxe (por onte) unhas becerras e van saíndo, porque o mercado estabilizouse un pouco despois do desplome que houbo hai un ano cos peches polo coronavirus. Sen embargo, son animais que van a pouco prezo. Páganmos hoxe como cando tiña 30 anos.

Para onde manda o gando?

Cómpramos un tratante co que traballo hai moito, o 90% dos tratos fágoos con el e son reses para carne de por aquí, criada en Galicia e para Asturias.

Van para cebadoiros ou críaos máis vostede?

A maioría véndoos con tres meses e medio ou catro meses pero tamén algún con dous meses, según cadre, e polo xeral van para cebadoiros. Eu se teño que alimentalos durante moito tempo non me compensa. Só algunha encarga para veciños ou coñecidos que buscan carne de confianza. Se non tés un cliente fixo para cando os vas a mandar cuns quilos, logo é moi complicado vendelos de xeito rendible.

Agora parece que queren meternos polos ollos esa chamada carne de laboratorio. Que opina?

Véxoo mal. Esa cousa artificial, como lle chamen, responde como moitas máis cousas a intereses que hai polo medio. Se hai quen probe e pique... Aos gandeiros dos bos produtos producidos nun ambiente natural cada vez nos están poñendo máis difícil continuar. Imos quedar catro e a caixa.

Incluso hai establecementos daquí que promocionan carnes doutros continentes, ás veces de animais exóticos ou salvaxes.

Mellor que as nosas carnes non as van atopar en ningún lado. Ás veces traen produto de fóra e véndese como daquí, será que aínda o deixan máis barato. Hai tantos intereses.

O do leite tamén foi caendo pouco a pouco.

En Budián xa non hai ninguén con granxa e no Valadouro quedará un porque en Santa Cruz todos se pasaron á carne. Pero se a hostalaría non se pon a funcionar ben, o mercado está complicado.

Houbo moita polémica estes tempos co do lobo, vostede como se leva con el?

De momento pola parroquia non hai problema, nin se ven ni parece que baixen. No monte mentras vaia habendo cabalos sempre tiran máis a eles e arriba vacas paridas xa non botamos. Súbense vacas sen crías, e quítame moito traballo no verán. Pero como o lobo vaia a máis, será outro punto en contra de nós.

"Coas cesións e alugueiros fago a miña propia concentración de terra"
Comentarios