‘Citerea’ de Javier Rodríguez, primeiro premio do Certame de Poesía Manuel Leiras Pulpeiro

A edición estivo marcada polo gran número de participación de obras, con preto de 100 orixinais recibidos
Tumba de Leiras Pulpeiro. AEP
photo_camera Tumba de Leiras Pulpeiro. AEP

Javier Rodríguez, natural de Ourense, álzase como gañador da VIII edición do Certame de Poesía Manuel Leiras Pulpeiro, premio convocado polo Concello de Mondoñedo en colaboración coa Área de Cultura de Deputación Provincial de Lugo. Unha edición marcada polo gran número de participación de obras, con preto de 100 orixinais recibidos. O traballo presentado polo gañador, que obterá un premio de 1.500 euros, placa e diploma, ten por título Citerea.

O segundo premio, dotado con 600 euros, placa e diploma, recaeu na obra titulada A ferida, da que é autor Manuel López Rodríguez, de Noia. 

A viguesa Branca Trigo Cabaleiro acadou o terceiro premio, dotado con 300 euros, placa e diploma, coa obra presentada baixo o rótulo O heroe de vidro. A entrega do premio terá lugar o sábado, día 23.

Comentarios