CIG pide más movilizaciones ante la falta de avances para la venta de Aluminio

A central considera "urxente" que la SEPI adquiera la fábrica antes de la finalización del plazo de venta, el 30 de abril
Manifestación de trabajadores de Alcoa. EFE
photo_camera Manifestación de trabajadores de Alcoa. EFE

La sección sindical de CIG en Alúmina-Aluminio apoya la vuelta a las movilizaciones si la venta de la fábrica de Aluminio no se acuerda antes del día 30. Señala que es necesario recordarle al Gobierno la defensa de la industria y seguir reclamando tanto el acuerdo como la producción de aluminio como necesidad estratégica. El texto del comunicado es el siguiente:

"Nós estamos convencidos tanto da necesidade estratéxica como da viabilidade económica da nosa industria. A produción de aluminio é unha fonte de riqueza que sería insensato perder, como pais e como estado. A noticia dos beneficios durante estes últimos meses non fan máis que confirmalo. Beneficios xerados cun prezo da enerxía inestable e nada competitivo que a pouco que se regule garantirá o futuro con ou sen Alcoa. Eterna tarefa pendente, deste e de anteriores gobernos, que é imprescindible seguir reclamando.

Como xa manifestamos nas reunións da mesa multilateral é, dende esta convicción de viabilidade, que consideramos urxente que a SEPI adquira a fábrica  antes da finalización do prazo de venta (30 de abril). Logo, coa tranquilidade de manter os postos de traballo, pódese escoller ao mellor socio interesado na compra. Ou é que o goberno non cree as súas propias palabras cando manifesta que co estatuto de enerxía a produción de aluminio e rendible?  Mais tamén estamos convencidos que con esa solicitude non abonda. É necesario lembrarlle ao goberno a súa obriga de defender á industria e a mellor maneira de facelo e mobilizándonos. Por iso, xa no pleno do comité do día 9, realizamos varias propostas deixando clara a nosa flexibilidade na data, lugar ou tipo de mobilización, pero insistido que fose antes do 30 de Abril.

Consideramos unha irresponsabilidade non facelo e fiar na boa vontade dunhas administracións, Xunta e Estado, que xa nos teñen máis que defraudado. Mentres o tempo sigue pasando e a posibilidade dunha prorroga que se alongue ata a saída dun recurso do ERE que poda favorecer a Alcoa ou ate que a fábrica colapse por falta de mantemento se fai, cada día, máis real".

Más en A Mariña
Comentarios