Chiki Lora actúa o sábado na Sacabeira de Sargadelos

Continúa deste xeito a programación de A Sacabeira, á que se aproximaron esta primavera artistas como Pedro Chillón, No Cómaro (As Pontes) ou a cantora Alba María
Concerto de Luis Partera. d.v.
photo_camera Concerto de Luis Partera. EP

A Sacabeira, o café bar cultural de Sargadelos que levan Bruno e Alba, xa tiña unha programación moi estable de exposicións de pintura, artesanía ou fotografías (nestes momentos colga alí as súas  Paula Limia) e nesta primavera a música está collendo carreiriña, con actuacións as fins de semana e artistas que se dan a coñecer na comarca. Para este sábado 4 ás oito da tarde, con taquilla inversa, teñen previsto o concerno no que o malagueño Chiki Lora. O fundador de Canteca de Macao agora xira en solitario e estará acompañado do baterista El Niño e de Fernando Blanca ao Trombón, no que será a súa presentación en Galicia.

Xa a pasada fin de semana estivo debullando as cancións do seu disco ‘Sanjuan’ o artista e enfermeiro Luismi Partera. Nado en Cádiz e residente en Madrid dende hai cinco anos, aproveitou para coñecer o Paseo dos Namorados e cantar nun ton moi intimista cancións como ‘compostela’, dedicada a unha amiga que non puido acompañalo no Camiño a Santiago ou ‘Qué será de ti?, adicada a seu pai, criado en tempos e circunstancias difíciles. Noutro tema de moita actualidade, reflectía en versos algunhas experiencias do seu traballo de sanitario durante a pandemia de covid, atendendo aos doentes. Partera transmite en todas as cancións moita paz.

Continúa deste xeito a programación de A Sacabeira, á que se aproximaron esta primavera alí en Sargadelos artistas como Pedro Chillón, No Cómaro (As Pontes) ou a cantora Alba María, que actuou xunto a Eva Teixeiro polo Día de Rosalía, celebrado en febreiro.

Moi especial resultou tamén o festival do 23 de abril co que o local celebrou o seu terceiro aniversario para o cal contou no escenario con Fol do Raxal, de Cervo; ou ourensáns Tandub (reggae), Otus Scops (luarqueses que tocan surf, rock e funk e o Dj Zé Pequeno (Emilio López, Lourenzá). O ex cantante do Skornabois e produtor de Safari Osquestra pinchou funk, soul, jazz e outras músicas do mundo. 

Comentarios