Chegan a Viveiro as Xornadas Gastronómicas da Tortilla

Do venres 1 ao domingo 3 de abril, a hostalaría da Asociación de comerciantes do Centro Histórico pon en marcha as Primeiras Xornadas Gastronómicas da Tortilla de Viveiro
Tortilla de patata. PIXABAY
photo_camera Tortilla de patata. PIXABAY
Cartel das Xornadas da Tortilla
Cartel das Xornadas da Tortilla

Este domingo 3 de abril celébrase en Viveiro o Domingo das Tortillas, tradición local que se celebra sempre o domingo antes do domingo de Ramos.

Familias, grupos de amigos, veciños, dende os máis novos ata os máis lonxevos saen ao campo, á praia, reúnense nas casas, ou nos bares e restaurantes para desfrutar deste manxar da cociña clásica española. Con cebola ou sen cebola, doradiña ou estilo betanceira, a tortilla é un éxito asegurado en calquera mesa.

Nesta primeira edición diversos locais sorprenderán versionando a tradicional receita da tortilla de pataca e ovo, aportando ás súas creacións un toque de imaxinación.

Os locais que participan e as súas tapas son:
1. Mesón O Recuncho – Tortilla Golden, con cebola, queixo e mazá
2. Restaurante Casa Pepi – Tortilla Nido con grelos, xamón, gambón e patacas palla
3. Cornelius Taberna Gastronómica – Flan de Tortilla con cebola, xamón e 4 queixos
4. Muro Restaurante – Tortilla de Godello, curry tostado con soda cítrica e galleta salada.


O horario dos locais para servir as tapas será: venres e sábado de 13:00 a 16:00 h. e de 20:00 ata fin de existencias no caso de Casa Pepi e O Recuncho. O domingo de 13:00 a 16:00 h.

Venres, sábado e domingo de 13:00 a 16:00 h. e de 20:30 ata fin de existencias no caso de Muro Restaurante.

Flyers das Xornadas da Tortilla
Flyers das Xornadas da Tortilla

Cornelius Taberna Gastronómica fará o mesmo horario coa excepción de que o domingo estará pechado.

O prezo das tapas será de 2,50 euros e para animar aos clientes a que fagan a ruta e degusten as 4 tapas sortearanse 300 euros en vales de consumición.

En cada local participante, haberá Flyers das Xornadas a disposición dos clientes onde poderán selar a casiña correspondente a cada tapa e ó completar as 4 poderán cubrir cos seus datos e indicar cal foi a súa tapa de tortilla favorita. Deposítase nas urnas habilitadas para a ocasión e o luns 4 de abril será o sorteo.

Que mellor xeito de recibir o mes de abril que desfrutando dunhas xornadas gastronómicas deste clásico da cociña tradicional española?