Martes. 18.09.2018 |
El tiempo
Martes. 18.09.2018
El tiempo

Cervo arde máis non se queima

Asistentes ao evento disfrutando da Queimada. J.M. PALEO
Asistentes ao evento disfrutando da Queimada. J.M. PALEO

A Quiemada Popular que organiza Airiños do Xunco amosou o seu poder de convocatoria coa venda das tres 

Un ano máis Cervo vai rematar o verán ben libre de meigallos. En parte vai ser gracias á Queimada que organiza por estas datas a asociación Airiños do Xunco rodeando o famoso conxuro dunha representación teatral que sempre cita a milleiros de persoas. Este ano non foi menos a cousa. Rafa Blas, do colectivo organizador conta que esgotaron os tres milleiros de cuncas que vendían para poder probar a beberaxe unha vez que xa a teñen preparada.

Un intre da representación. J.M. PALEOComa sempre, a representación teatral anterior foi do máis agardado pola xente. O mesmo Blas recoñece que o ano pasado o argumento que prepararon fixo que a xente quedara coa mosca tras da orella porque ficaran sen bruxo para a Queimada.

Este ano, foron buscalo onde a Curuxa, unha meiga que vive no medio do monte e da que, de entrada, non se sabía moi ben se era boa ou mala nin que intencións tiña.

Quedaron claras: ía axudarlles co do bruxo sempre e cando puidera levar un home do pobo para ela soa. A axuda era necesaria porque froito da fuxida do ano anterior o pobo quedara sen nenos, sen proteción, sen nada, así que había que botar man do que fose.

Folga dicir que ao final acadouse o obxectivo. Houbo bruxo para facer a Queimada un ano máis e o argumento, máis pechado, deixou á xente con bo sabor de boca.

Participaron moitos actores de Cervo, máis tamén doutras localidades da contorna, como Burela, San Cibrao ou Viveiro.

FOGOS DE ARTIFICIO. Rafa Blas di que entre a xente notou que a escenificación deste ano gostara moito, pero tamén recoñeceu que "outra cousa que este ano chamou moito a atención foron os fogos de artificio que fixemos, que todo o mundo dicía que foron moi bonitos".

Sempre axudan a completar unha noite máxica como foi a do sábado, que arrancou a carón das once e media da noite e acabou por rematar camiño das seis da mañá de onte.

Cervo arde máis non se queima
Comentarios