jueves. 02.12.2021 |
El tiempo
jueves. 02.12.2021
El tiempo

Fin de semana de descontos no Centro Comercial Histórico de Viveiro

Rúa comercial no casco histórico de Viveiro. JM ALVEZ
Rúa comercial no casco histórico de Viveiro. JM ALVEZ
Haberá rebaixas do 20% en miles de artigos de 47 comercios da vila

O Centro Comercial Histórico de Viveiro aposta unha vez máis por impulsar as compras e o ocio na súa cidade. Con este obxectivo, pon en marcha este venres 5 e sábado 6 de novembro a campaña Shopping Weekend, un fin de semana de compras ofrecendo fantásticos descontos en miles de artigos.

Unha oportunidade para pasar a fin de semana facendo compras nos 47 comercios participantes na campaña e desfrutar de descontos do 20% en miles de artigos. Participan locais de moda de home, muller e nenos, calzado, complementos, artigos de deporte, lencería, xoias, mobles e decoración, agasallos, artigos para o fogar, alimentación, iluminación, óptica, telefonía, estancos, salóns de peiteado, beleza, etc.

Os locais participantes estarán identificados cos distintivos da campaña, banderolas de cor fucsia de 2,60 metros de altura colocadas nas entradas dos comercios, indicando o desconto do 20%, así como vinilos da mesma cor pegados nos escaparates.

Comercio local Viveiro. Centro Comercial Histórico

Haberá negocios que farán o 20% en artigos seleccionados. Nestes casos, disporán de carteis nos escaparates especificando cales son os produtos nos que se aplica o desconto.

Cómpre lembrar que os descontos non son acumulables a outras ofertas que xa teñan nos comercios, a encargos ou a devolucións, xa que é unha campaña puntual organizada só para as vendas dos dous días sinalados.

Para aqueles clientes de localidades veciñas que non se poidan achegar esta fin de semana a mercar a Viveiro, dende o Centro Comercial Histórico teñen en marcha durante o mes de novembro  a campaña de Envíos Gratuítos a toda a Mariña e Ortegal, garantindo que o mercado no comercio local chega a tempo e gratis.

Fin de semana de descontos no Centro Comercial Histórico de Viveiro
Comentarios