O Centro Comercial Histórico de Viveiro lanza unha campaña con descontos de ata o 70%

Un total de 36 establecementos súmanse a Fóra Stocks, que se desenvolverá entre o xoves e o sábado
stocks cch_JML9355
photo_camera Negocio co cartel dunha campaña anterior. JOSÉ Mª ÁLVEZ (AMA)

O Centro Comercial Histórico de Viveiro lanza esta semana a campaña Fóra Stocks, unha nova aposta por impulsar as compras no comercio local. Entre o xoves 5 de marzo e o sábado 7 un total de 36 negocios liquidarán todo o stock de temporada cuns descontos que anuncian que serán "incribles", xa que chegarán ao 70% nalgúns casos.

O propósito é converter o final de temporada de rebaixas nunha "feira de stock pero dentro de cada local", facendo da fin de semana unha festa de compras con grandes descontos en miles de artigos. 

Participan na campaña locais de moda, calzado, complementos, infantil, deportes, lencería, xoias, mobles, decoración, artigos para o fogar, óptica, telefonía e florerías. A variedade de tendas que se suman fan que estas campañas sexan "todo un éxito de afluencia de clientes". 

Os locais participantes na iniciativa estarán identificados con carteis de cor vermello co nome da campaña. "Tratase de ofrecer ao cliente os mellores descontos en artigos de primeiras marcas, coa mellor calidade, sen ter que desprazarse, mercando no comercio local, que ofrece un trato persoal e profesional", aseguran.

Locais participantes                         
Confecciones Justo Vázquez, Jonathans, Las Fidalgas, Baamonde Style, Esprit, El Faro, Dandara, Fontana, Versus, Kody, Kody Kids, Rockids, Complementos Sulian, Tejidos Rogelio, Lencería Canela, Nacar, Mercería A Bolboreta, Oxígeno Surf, Van Surf Shop, Van Surf, Sneakers, Piti Deportes, Deportes Don Balón, Podium Sport, Albo 55 Sneekers, Calzados Albo, Albo Zapaterias, Vogue, Tacones, Platax, Joyería Paleo, Kalea Platería, Regal Fontenova, Raquel Seijido, Muebles Iglesias, Mobiltom e La Óptica.