sábado. 04.12.2021 |
El tiempo
sábado. 04.12.2021
El tiempo

O Centro Comercial Histórico súmase ao Black Friday con novos descontos

Escaparate con carteis de descontos na Praza da Fontenova de Viveiro. D.V.
Escaparate con carteis de descontos na Praza da Fontenova de Viveiro. D.V.
Este venres 26 e o sábado 27 os clientes poderán desfrutar de múltiples descontos en miles de artigos dos comercios de Viveiro

O Centro Comercial Histórico de Viveiro aposta unha vez máis por impulsar as compras e o ocio na súa cidade. Con este fin, pon en marcha este venres 26 e o sábado 27 de novembro a campaña Sácalle Brillo ó Black Friday Mercando no comercio Local, un fin de semana de compras ofrecendo fantásticos descontos en miles de artigos.

Ademais, premiarán as compras poñendo gratis os envíos a toda a Mariña e Ortegal e, a maiores dos descontos do Black Friday, os locais participantes entregarán vales por valor de 5 euros para gastar nas compras de Nadal.

A pesar de que para o pequeno comercio estanse a incrementar cada día máis as vendas a través das redes sociais, whatsapp ou a web, desde o Centro Comercial Histórico invitan aos clientes a "vir a Viveiro a mercar, dando un paseo polas rúas do casco histórico, desfrutando das compras ao aire libre, parando a tomar un café ou un viño acompañado dun pincho na hostalaría da vila, desfrutar do ambiente do Black ca música nas rúas, e levar as compras para a casa sen sufrir problemas de abastecemento ou entregas tardías".

En total, son 45 os comercios participantes que ofrecerán multitude de descontos en miles de artigos, dende o 20% ata o 60% nalgúns casos. Participan locais de moda de home, muller e nenos, calzado, complementos, artigos de deporte, lencería, xoias, mobles e decoración, agasallos, artigos para o fogar, óptica, telefonía, salóns de peiteado, beleza, etc.

Os locais participantes estarán identificados cos distintivos  da  campaña –bandeiras de cor negra de 2,60 metros de altura colocadas nas entradas dos comercios–.

Cómpre lembrar que estes descontos non son acumulables a outras ofertas que xa teñan nos comercios, a encargos ou a devolucións, xa que é unha campaña puntual organizada só para as vendas destes dous días.

O Centro Comercial Histórico súmase ao Black Friday con novos...
Comentarios