Celeiro exhibe a calidade da súa merluza do pincho e reparte 1.500 racións

A cociñeira Bárbara González sinala que unhas 600 eran da Especial Penalba, da que prepara unha salsa con ingredientes secretos

A asociación Penalba Colectivo Chilindrín celebrou este sábado con éxito unha nova edición da Festa da Merluza do Pincho de Celeiro, a vixésimo primeira, na que segundo indicaron repartiron unhas 1.500 racións deste peixe de etiqueta de máxima calidade en sete especialidades, uns 600 pratos só da Especial Penalba, a máis demandada.

As colas para degustar o afamado peixe son xa un clásico e repetíronse tamén onte na lonxa vella de Celeiro, engalanada para a ocasión e onde se rematou o cociñado cuxos preparativos empezaron xa o sábado coa limpeza do peixe, a elaboración do salpicón que xunto co anterior quedou na cámara frigorífica da lonxa nova, a preparación do amoado das empanadas ou as salsas das outras receitas, que onte pola tarde se engadiron á merluza cocida. Tamén quedaba para o mesmo día a preparación da caldeirada, que "no se puede hacer de un día para otro", comentaba a máxima encargada das preparacións, Bárbara González, tamén responsable do segredo da Especial Penalba: "Lleva gambones y almejas y una salsa especial que preparo yo, que no lleva gran cosa pero es el secretito", dice.

Esta é a receita que máis tempo require, ao igual que o salpicón, sinala a cociñeira, que recibe moitas felicitacións polo seu traballo na festa, á fronte do que xa leva 18 anos. "Es un agrado que te digan que salió todo muy rico, que te den la enhorabuena. Yo hago las preparaciones pero detrás muy mucha gente que ayuda picando el resto de ingredientes, como la cebolla, las patatas...", di Bárbara, que tamén ten a axuda do seu fillo Óscar e que recoñece que lle "encanta" o traballo en equipo e a bo ambiente que se respira nesta festa de Interese Turístico Galego.

Xa cos pratos baleiros, os comensais puideron probar unha queimada gratuita e a festa continuou despois cun baile animado polo dúo Lara e Vero.

Comentarios