martes. 26.05.2020 |
El tiempo
martes. 26.05.2020
El tiempo

Mestres do humor no Pastor Díaz de Viveiro

Los humoristas que protagonizan 'Noite de Estrelas'. AMA
Los humoristas que protagonizan 'Noite de Estrelas'. AMA

A Viradeira Producións presenta este sábado o espectáculo cómico 'Noites de estrelas'

A Viradeira Producións presenta este sábado, ás oito e media da tarde no Pastor Díaz de Viveiro, o espectáculo cómico Noites de estrelas coa participación de catro mestres do humor: Isi, Patricia Vázquez, Manuel Manquiña e Sergio Pazos.

The Fabulosos Weekend poñen a música. El Progreso vén de entrevistar a dous deles.

Isi"Será unha actuación que servirá como terapia para toda a semana"

COÑECIDO co nome artístico de Isi, José Manuel Rodríguez xa pisou antes o teatro de Viveiro. Fala dunha actuación dinámica e variada, na que as risas encherán o escenario e as butacas do público.

Estivo antes en Viveiro?

Recentemente estiven no espectáculo con Touriñán.

Por que usa o nome artístico de Isi?

No instituto imitaba ao gato Isidoro e logo tamén cando pasei á televisión, hai xa 18 anos.

Participara antes nunha actuación con tantas estrelas?

Nunca fixera unha xira de catro monologuistas.

É un espectáculo novo, máis cómodo pero tamén difícil pois hai que conquistar ao público en 20 minutos

Moito humor xunto...

Nunca é moito humor xunto, fai falta rir moito, é unha terapia para pasalo ben.

Hai competencia entre vostedes?

Facemos bromas uns cos outros, xuntámonos e pasámolo ben, e tamén o público.

Actúan xuntos?

Facemos a primeira parte en conxunto e logo cada un por separado e hai un pase final con música. Será unha tarde marabillosa para rirse, que servirá de terapia para toda a semana.

Que lle aporta este espectáculo con tantos humoristas? Sérvelle de inspiración?

É unha experiencia nova, moi cómoda e difícil á vez, pois hai que conquistar ao público en só 20 minutos. Son poucos, pero conséguese. No Colón da Coruña o público pillou ben o humor de cada un. É cómodo por iso, porque son só vinete minutos cando estás acostumado a facer hora e cuarto ou dúas horas.

Cada un fai o seu número?

Imos ao punto forte, ao máis gracioso, tes que resumilo moito, pero somos profesionais.

É difícil de entender o humor galego fóra de Galicia?

Si, porque temos frases moi nosas, pero tamén é certo que fas xestos esaxerados e a cara tamén transmite, así que o humor é universal. Ás veces saio fóra, conto unha anécdota e a xente ri que se troncha. Ao ao mellor penso máis as personaxes.

Patricia Vázquez. AMA"Somos coma cómics e cada un de nós conta coa súa viñeta"

A POLIFACÉTICA Patricia Vázquez poñerá o su particular grao de area ao espectáculo galáctico, logo de pasar recentemente polo Pastor Díaz con A cabeza do dragón.

Que lle pareceu a proposta de actuar con outros monologuistas?

Ben. Empecei con Carlos Blanco e eu dicía que facíamos biólogos, non monólogos, porque sempre íamos a dúo, dende entón sempre contei soa e isto é moi agradable.

Para o humor sempre hai público, poden ter máis dificultade outros espectáculos, pero en xeral gustarnos rir

É un risco participar nunha actuación con outros cómicos?

Os catro levamos moito tempo e cada un ten o seu público. Non é como empezar con alguén que non sabes de onde vén nin o que fai. Son catro historias completamente distintas e cada un conta a súa.

Póñense de acordo para non pisarse?

Para nada, hai competición. Isi é arrollador, Manqui máis pausado e Sergio xoga coa retranca. Somos como cómics e cada un ten a súa viñeta.

Fanlle gracia os monólogos dos seus compañeiros?

Con Isi xa traballara antes, escoiteille as historias mil veces, sigo escoitándoas e séguenme facendo rir. Ten un xeito tan especial de contar que sempre che fai gracia. Cada un no seu estilo é moi gracioso. O bo deste formato é que engloba a grande cantidade de público, a última actuación no Colón da Coruña foi un auténtico arrase, estaba abarrotado.

Tira máis da xente o humor?

Para o humor sempre hai público, poden ter máis dificultade outros espectáculos, pero en xeral gústanos rir.

Tamén axuda a sobrelevar a vida.

Por suposto, debía estar patrocinado pola Seguridade Social, que non quiten as pensións nin as risas.

A crítica social tampouco falta?

No fondo haina, con algo de retranca polo medio, porque todos nos vemos un pouco identificados e pensamos, 'iso pasoume a min'.

Mestres do humor no Pastor Díaz de Viveiro
Comentarios