Cancelada a Festa Castrexa de Burela

A organización anunciou nas redes que este ano non haberá celebración
Unha das pasadas edicións da Festa Castrexa.AMA
photo_camera Unha das pasadas edicións da Festa Castrexa.AMA

A Asociación Burela Castrexa anunciou este sábado a través dun comunicado na súa páxina de Facebook a suspensión da IX Festa Castrexa que estaba prevista para finais de xuño deste ano.

A organización lanza unha mensaxe de ánimo para que esta noticia "sirva para recopilar máis ganas de cara ó anos que vén", comenta o comunicado, que recomenda aos simpatizantes da festa que queden na casa para "poder volver canto antes á normalidade".

Comentarios