Un campamento entre o mar e o inglés

Foz acollerá nesta primavera 700 escolares que realizarán inmersións lingüísticas e actividades náuticas no Hotel Áncora. Neste momento hai un grupo de 62 escolares e profesores

Grupo do colexio Calasanz Escolapios da Coruña, en Foz. AMA
photo_camera Grupo do colexio Calasanz Escolapios da Coruña, en Foz. AMA

Foz acolle estes días un grupo de 62 escolares e profesores do colexio Calasanz Escolapios da Coruña, que realizan un campamento en inglés con actividades náuticas nas instalacións do Hostel Áncora. Foron recibidos este martes polo alcalde focense, Javier Castiñeira, quen destacou a importancia deste tipo de actividades, que contribúen a desestacionalizar o turismo.

Neste senso, o rexedor asegurou que "é un verdadeiro pracer recibir todos estes rapaces que veñen desfrutar do noso pobo ao tempo que aprender inglés, dentro dun programa moi interesante que cremos que é unha actividade diferente dentro do turismo que ofrece Foz". "Estamos moi pretiño da ría, do porto e da praia e estas experiencias para os rapaces son estupendas, coñecen o pobo e acábano transmitindo despois aos seus pais e ao final é unha forma moi interesante de seguir facendo turismo. Un pobo como Foz non pode renunciar a ningún tipo de turismo e este é moi interesante, comprometido co medio, coa actividade náutica e recreativa e por suposto co coñecemento".

Castiñeira tamén quixo felicitar "as empresas que participan nesta iniciativa: Escola de Deportes Náuticos da Mariña, Sensación Surf, Maremasma e outras, que entre todas fan un paquete de actividades moi interesante". "Moitas destas empresas puideron saír adiante grazas ao apoio de subvencións como as do GALP, por parte da Xunta, que son moi importantes e lograron que teñamos moitos mellores servizos nos concellos e un cambio fundamental na forma de turismo" destacó en este sentido y añadió que en Foz "hai 15 ou 20 anos había un turismo única e exclusivamente de aluguer, e agora temos desde autocaravanas ata un dos mellores hoteis da Mariña, entre outras alternativas".

O rexedor focego destaca a importancia da actividade como unha maneira de facer turismo e contribuir á desestacionalización

Pola súa banda, o responsable de Ánchor Seacamps, Francisco Moreda López, explicou que se dedican aos campus náuticos con inmersión lingüística: "Levamos cinco anos, nos que sempre estivemos na busca dunha oferta lúdica para os nenos combinada coa aprendizaxe, neste caso do inglés. Colaboramos con distintas empresas da zona, buscamos sempre transmitir a necesidade do coidado do medio ambiente, dar a coñecer os métodos e valores da pesca tradicional e protexer e coidar a Rede Natura. Durante estes anos sempre pretendemos que os nenos leven unha experiencia única, que cando vaian cumprindo anos recorden con especial cariño isto".

Para este ano, Moreda adiantou que contan uns 650 nenos, acompañados de 50 monitores.

Do campamento que se fai estes días detallou que hai 62 persoas, que veñen facer varias actividades náuticas, como poden ser a vela tradicional, e unha charla medioambiental sobre avistamento de aves. "Quero agradecer a colaboración das distintas empresas coas que estamos que sen eles isto non sería posible", dixo.

Pola súa banda o director dos programas de inmersión lingüística da empresa asturiana de servizos integrais de idiomas Language Kingdom, Mario Artime, asegurou que "las actividades que realizamos son fundamentalmente de mucha comunicación lingüística para que los alumnos puedan desarrollar el idioma que están aprendiendo y luego complementamos con la práctica de deportes como pádel surf y vela". "En Language Kingdom hacemos todo tipo de viajes relacionados con el aprendizaje de idiomas, fundamentalmente el inglés pero también francés o cualquier otro. En verano hacemos un programa en Foz, desde el 26 de junio hasta el 7 de julio", dixo.

E o titor dos escolares de 5º de primaria do Calasanz Escolapios, Adrián Eguizábal, destacou que "es una buena ocasión para que los niños aprendan otro idioma y lo practiquen, porque en el colegio hay las clases de inglés pero no es el día a día y la supervivencia en inglés, que creo que es la forma de aprenderlo realmente. Además disfrutan de sus compañeros en otro ambiente fuera del colegio, duermen con ellos y comparten muchas cosas estos días".

Comentarios