Un camión alcanza a un turismo na recta de Cangas de Foz

A conductora do coche tivo que ser asistida polos servizos sanitarios
O vehículo accidentado. AMA
photo_camera O vehículo accidentado. AMA

Un camión de biomasa alcanzou na tarde deste xoves, arredor das oito menos cuarto da tarde, a un coche que parou nun paso de peóns á altura de Casa Selmira, na coñecida como recta de Cangas de Foz. O vehículo pesado tentou frenar, pero non deu librado, polo que colidiu co automóbil.

A conductora do coche atopabase ben, aínda que se queixaba de dor nas cervicais e tamén pola presión do cinto de seguridade, debido ao golpe que recibiu por detrás do camión, polo que os servizos sanitarios de Urxencias Médicas do 061 tiveron que asistila no punto do accidente de circulación.

A Garda Civil de Tráfico, unha dotación do mesmo corpo de Foz, Protección Civil do concello, os bombeiros de Barreiros e o GES de Cervo acudieron ao lugar do sinistro para colaborar nas tarefas se asistencia e regulación do tráfico.