O cadro de persoal de Urbaser en Burela trasladalle este xoves a súa proposta á empresa

Os traballadores manteñen a súa decisión de iniciar unha folga indefinida o día 22 de non haber avances significativos na negociación do convenio colectivo
Concentración de personal de Urbaser. JOSÉ Mª ÁLVEZ
photo_camera Concentración dos traballadores de Urbaser, este mércores, diante do consistorio. JOSÉ Mª ÁLVEZ

O cadro de persoal de Urbaser en Burela iniciou este mércores o calendario de protestas para reclamar un convenio colectivo digno. Paralelamente continúan coas negociacións coa empresa e este xoves trasladaranlle a súa última proposta.

Segundo explicou o secretario comarcal da CIG-Servizos, Xosé Manuel Díaz, a empresa plantexou na última reunión concentrar os incrementos salariais nos anos 2025, 2026 e 2027 e establecer "unhas cantidades compensatorias" para este ano e o que ven que serían como un pago único anual. Una vez analizada esta proposta polos traballadores en asemblea, os representantes sindicais plantexaranlle este xoves unha contraproposta á firma con cantidades concretas para esas compensacións e para os incrementos dos vindeiros anos. 

De tódolos xeitos, os traballadores volverán concentrarse ás once da mañá deste xoves diante do consistorio e xa avanzaron que de non haber avances significativos nas negociacións nos vindeiros días iniciarán unha folga indefinida o vindeiro día 22.

A representación do persoal e Urbaser levan dende novembro negociando un novo convenio que regule as condicións de traballo do servizo de limpeza viaria, recollida de lixo, xestión do punto limpio e limpeza das praias. O convenio que rexía as actividades decaeu en 2011 "e dende entón o persoal está perdendo dereitos e os seus soldos están practicamente conxelados", explicou Díaz.