"Os Cacholeiros é diversión, alegría, sobremesas..."

Antonio Cao, presidente da Sociedade Gastronómica Os Cacholeiros desde o 2013, naceu en Saint Louis, Francia, pero aos tres meses xa veu para O Valadouro. Os seus pais eran emigrantes. Gústalle correr
Antonio Cao. J.M. PALEO
photo_camera Antonio Cao. J.M. PALEO

Vostede é fillo de emigrantes?

Si. Nacín en Saint Louis, en Francia, no 1976. Pero aos tres meses meus pais voltaron a O Valadouro. Tiña unha irmá que coidaba aos meus avós e decidiron voltar.

Foi algunha vez a Saint Louis?

Non, e teño moitas gañas.

E desde entón no Valadouro?

Si, pero estiven dende xaneiro do 2002 a abril do 2003 en Barcelona traballando para Inditex. Pero decidín voltar de forma voluntaria por morriña. Non me adaptei, cústame estar en lugares descoñecidos lonxe dos meus seres queridos.

Sempre estivo vencellado ao fútbol, non?

Si. Xoguei no Valadouro e cheguei a debutar na Preferente con quince anos. Logo tamén xoguei no Candelaria e no Cangas de Foz, no seu primer ano. E logo foi presidente. Si, estiven tres tempadas, dous anos na Primeira Autonómica e unha en Preferente. E aínda que baixamos ese ano, síntome moi orgulloso porque pasaron por aquí equipos como a SD Compostela, tamén o Cidade de Santiago, Montañeros, Viveiro, Xove Lago, Castro... Equipos de moito nivel.

Como xurdíu Os Cacholeiros?

Naceu en 1992 cando un grupo de amigos decidíu facer unha sociedade gastronómica nunha comida no bar Os Remos, en Burela. Foi o 24 de agosto e xa comenzamos a traballar na creación dos estatutos. O primer presidente foi Kichas.

Fan moitas actividades?

Desde o ano mil novecentos noventa e tantos... Claro. Fíxose a Fundación cos estatutos e están rexistradas 174 actividades, sobre todo comidas e viaxes. Para nos é unha vía de escape do día a día. Estivemos nos Picos de Europa, Rías Baixas e o sitio máis lonxe a onde viaxamos foi a Serra de Gredos. Tamén fixemos parte do Descenso do Sella. 

Algunha anécdota?

Estabamos facendo a travesía do Macizo Central nos Picos de Europa, unha ruta complicada, con neve, e chegou un momento que para seguir necesitábamos unha corda ou tiñamos que dar a volta. Vimos dous montañeiros e lembro sempre esa frase de ‘Tedes corda?’. E tiñan, e seguimos.

Que significa para vostede?

Pois é compartir momentos con xente que aprecias, diversión, alegría. Fai pouco fixemos a comida dos 30 anos e tivemos sobremesa, cantamos...

Cal é a súa comida favorita?

Eu son partidario dunha boa tortilla e un viño cos amigos, iso xa me vale. A mellor é a que fai a miña nai, pero válenme outras.

Vostede está moi vencellado ao Valadouro, por que?

É un sitio que me da paz, tranquilidade e natureza.

Segue coa súa afición ás carreiras populares?

Si, sigo. A media maratón de Gijón é xa un clásico, tamén teño feitas bastantes edicións da nocturna de Burela e participarei na primeira edición da Alfoz-Valadouro da próxima semana.

Algo que engadir?

Destacar o papel do secretario dos Cacholeiros, Alfonso Iglesias.

Comentarios