Os cabalos volven percorrer as rúas de Mondoñedo

Os gandeiros xuntáronos no monte e entraron na cidade polo barrio dos Muíños
photo_camera JM PALEO

Un dos espectáculos máis singulares e esperados das feiras e festas das San Lucas de Mondoñedo volveu encher este luns a cidade. Despois de dous anos sen facelo os cabalos volveron chegar ao campo da feira percorrendo as rúas da cidade. 

Os gandeiros xuntáronos no monte e entraron na cidade polo barrio dos Muíños dende onde chegaron á Fonte Vella pola Rúa San Roque e de aí á Praza da Catedral, onde se congregou a meirande parte do público para desfrutar do espectáculo. Abandonaron a praza pola rúa Pascual Veiga en enfilaron cara o campo da feira por Lence Santar e Peña de Farncia e por diante do auditorio ata o recinto feiral. 

Este martes, a partir das oito da mañá, o recinto encherase de vida na tradicional feira na que se esperan unhas 800 cabezas de gando, principalmente cabalos, pero tamén burros e vacas.

Comentarios