O BNG propón que a Xunta destine 20 millóns de euros para intervir Alcoa

Nas enmendas aos orzamentos do 2021 solicitan máis fondos para atención sanitaria primaria na zona

Vista de la planta de Alcoa en San Cibrao. J.M.ÁLVEZ
photo_camera Vista de Alcoa. JOSÉ Mª ÁLVEZ

No mesmo día en que os traballadores da fábrica de aluminio de Alu Ibérica da Coruña comezaban unha folga indefinida —con acusacións cruzadas de coaccións e represión—, deputados e cargos orgánicos e institucionais compareceron onte en Foz para alertar da situación anguriante que vive a comarca da Mariña e os traballadores da fábrica de Alcoa en San Cibrao.

A intención era presentar as enmendas aos orzamentos da Xunta para o 2021, con medidas concretas para que o Goberno autonómico "participe conxuntamente co Estado na intervención pública de Alcoa, algo ao que o PP votou a favor no Congreso". Os nacionalistas póñenlle números a tal iniciativa e propoñen "que a Xunta destine 20 millóns de euros a tal fin".

Queren unha solución de futuro para San Cibrao que na Coruña os traballadores non atopan logo do apagado de cubas e venta daquela factoría de aluminio primario. Na argumentación para aportar fondos á intervención da fábrica, o deputado mariñán do BNG, Daniel Castro, quixo recordarlle ao PP, que "A Mariña representa o 33% do PIB na economía provincial e sen embargo non chega nin ao 20% dos investimentos, e isto non o podemos consentir".

Por outra banda, os nacionalistas puxeron o acento en medidas que non se ven reflectidas nos orzamentos da Xunta como é o reforzo da atención primaria na Mariña. Segundo Ana Ermida, se necesitarían dous millóns de euros máis para pediatras, enfermeiras escolares ou especialistas en obstetricia e xinecoloxía. O BNG reclama fondos para un centro de día e o polígono do Valadouro, a ampliación da escola infantil e o dragado en Foz, concentración parcelaria en Mondoñedo, nova Edar en Burela, dragaxe do encoro de Rúa, saneamento costeiro en Barreiros e outra Edar en Reinante.

Más en A Mariña
Comentarios