O belén de San Roque en Viveiro estrea a figura do ferreiro en movemento

Os comuneiros tamén elixiron o festivo para acender o alumeado de Nadal no hórreo da área recreativa
San Roque en Viveiro. EP
photo_camera San Roque en Viveiro. EP

O Nadal xa chegou ao monte San Roque de Viveiro coa apertura este mércores do nacemento que a comunidade de montes  instala dentro da capela. Este ano ademais conta cunha novidade, xa que estrea a figura do ferreiro en movemento.

Os comuneiros tamén elixiron o festivo para acender o alumeado de Nadal no hórreo da área recreativa e a estrela de Belén que todos os anos colocan na fachada da capela e que se pode ver dende a meirande parte do municipio. 

O nacemento permanecerá aberto todos os días, sempre que o tempo o permita, dende as once da mañá ata as oito da tarde ata o vindeiro 9 de xaneiro.

Comentarios