martes. 22.09.2020 |
El tiempo
martes. 22.09.2020
El tiempo

Barreiros programa actuacións nas prazas con Quico Cadaval, Charo Pita ou Cándido Pazó

Os concelleiros Montse Porteiro e Daniel García, co programa. CDB
Os concelleiros Montse Porteiro e Daniel García, co programa. CDB
As actividades, que serán ao aire libre e estarán repartidas polas diversas parroquias do municipio, enmárcanse no ciclo cultural Barreiros convídate

O Concello de Barreiros contará no que resta de agosto e en setembro con varias actuacións ao aire libre. Serán espectáculos musicais, teatro, cine e contacontos repartidos polas diversas parroquias do municipio cos que se pretende "facer das prazas un lugar de encontro seguro e lúdico ao mesmo tempo", indicou o concelleiro de dinamización e participación veciñal, Daniel García.

Este presentou xunto á concelleira de igualdade, Montse Porteiro, o programa cultural baixo o lema Barreiros convídate, que tamén contará con artistas locais e comarcais. Neste agosto haberá música e a proxección do filme O que arde, coa presenza de Oliver Laxe e Amador Arias.

"Setembro será un mes adicado ao teatro con actuacións de renome como Memorias dun neno labrego de Cándido Pazó e a obra Cadaval conta vacas, guerras, porcos e cregos de Quico Cadaval, actividades financiadas con fondos do Concello, do Estado e da Deputación e Xunta de Galicia", informaron dende o Concello.

Barreiros programa actuacións nas prazas con Quico Cadaval, Charo...
Comentarios