viernes. 14.05.2021 |
El tiempo
viernes. 14.05.2021
El tiempo

"Barallamos facer unha proba de antíxenos para que a xente esté segura nas celebracións"

JESUS LOUZAO , DUEÑO DEL HOTEL RESTAURANTE LOUZAO DE AREA EN VIVEIRO- FOTO JM ALVEZ
Jesús Louzao, nos xardíns do seu establecemento. JMª ÁLVEZ (AEP
A hostalería demanda condicións axeitadas para traballar con seguridade, tanto para os seus traballadores como para os clientes. Logo dun ano de incertezas está nunha situación difícil e empresarios como o viveirés piden paciencia porque eles son os primeiros interesados en traballar

OS GRANDES establecmentos de restauración e hostalería móvense na incertidume do vaivén provocado polos peches periódicos e as normas cambiantes. O xerente do Louzao, situado en Area (Viveiro), analiza a difícil situación que atravesan.

Teñen moitas reservas para facer celebracións?

Os eventos están todos colgados, aínda que hai moitas reservas, incluso as atrasadas do ano pasado e xa temos un montón de peticións para comunións, pero non sabemos o que se pode facer, non podemos estar con mesas de catro, se hai que gardar separación non é viable. Ata que isto se arranxe haberá que deixalo pendente, a ver se saen novas solucións. Como facemos unha voda de cen persoas en mesas de catro?, polo menos haberá que xuntar dez. Non sabemos se podemos usar colchonetas para os nenos ou poñer música, estamos en ‘stand by’. Nas vodas tampouco pode haber baile, ten que estar a xente sentada, non ten lóxica, hai que dar un pouco de flexibilidade. Se a xente se vacina non teríamos problema de empezar, pero estamos á espera.

Que medidas barallan?

Haberá que intentar facerlles un estudio de covid antes, estáse analizando esa opción, facer unha proba de antíxenos para saber que esté todo o mundo libre do virus. Todo está no aire. Estamos nunha postura que non é aguantable, non podes levantarte para bailar nin tomar as copas e hai que ter distancias entre as mesas. Co que temos agora non é viable facer eventos, esperemos que isto se arranxe, polo menos a partir de xullo. Úleme que vai ser como ano pasado, iremos a trancas e vannos fastidiar o ano enteiro.

Como afectaría a implantación dun test de antíxenos?

Pode repercutir en que gastes menos, pero polo menos tes a seguridade. É igual que ir no coche a 30, non vai significar nada. Vir a un evento e facer a proba antes tería que asumilo o cliente, como un complemento máis, como as frores ou a música. Habería que intentar traer un equipo médico e que fagan a proba, polo menos teriamos a seguridade de poder pasalo mellor, non é igual estar sentados que estar con máis alegría. En Madrid xa se fixo nalgún caso, a xente nova vaise concienciando e acepta todo, pero os maiores asústanse. Poñen as cousas nos papeis e logo somos nós os gardas do sistema, iso ten que ser a conciencia da xente.

É difícil cumprir as restricións?

Hai que dicirlle á xente que ten que ter tranquilidade e esperar. Nos somos os primeiros que queremos traballar, pero temos que facelo cunhas condicións razoables. Nos baños só pode entrar unha persoa, case hai que poñer un garda de seguridade en cada porta. Haberá que esperar uns meses a ver se isto cambia. A xente ten moita gana, pero hai que esperar a ver se nos dan facilidades, agora é moi complicado. Nalgunha viaxe que fixen a Madrid vin unha liberdade que aquí non temos e non aumentan moito máis os casos en proporción, penso que aquí é un pouco drástico, a solución non é estar parados, vaise arruinar todo.

E que pasa coas ceas de empresa, xubilacións e outras reunións?

Hai un montón delas pendentes, hai moitas incongruencias.

Pódense perder xuntanzas?

Pódese perder algunha despedida, vaise perdendo porque lonxe da vista, lonxe do corazón, pero hai que ter fe que todo isto se volva recuperar. As administracións non nos axudan gran cousa, están con cambios todos os días que non veñen a nada.

"Hai que abrir un pouco a man, porque hay xente que o está pasando moi mal e non habería tanta necesidade diso"

Búscanse actos máis reducidos?

Coma sempre. Temos vodas pendentes e están reservando xa para 2022, hai xente que vén atrasando, vanse xuntar todas. Ata que esté máis claro o das vacinas non podemos dicir a todo que sí e que despois non se poida facer.

Todo pasa entón por aprazar?

Hai que ter paciencia e esperar, se non se pode facer en xuño terá que ser en setembro. Non ten sentido que unha persoa que está no restaurante ás nove da noite non poida seguir porque hai que dar os nomes, agora tamén o DNI; está ben o dos teléfonos, pero o DNI, como cidadán vexo que non é normal. O ano pasado xa houbo que aprazar todo, penso que é mellor esperar, porque dividir en mesas de catro é un desánimo cando se trata dunha celebración, para iso tamén o fas na casa. A celebración ten que ser un pouco máis libre porque os nenos queren xogar e os adultos bailar, non van vir só comer.

Como leva a xente o de estar coas máscaras todo o tempo?

A xente ten que estar coa máscara en todo momento, agás cando vai comer e para iso hai que estar encima coma a policía. Isto hai que liberalizalo un pouco, no sentido de que a xente esteña segura. O consumo baixou, aínda que a xente saia pasear non quere entrar nos locais porque ten medo a contaxiarse.

Que balance fai deste ano?

Levamos máis dun ano e isto está totalmente paralizado, só hai o de diario máis suave. A xente ten ganas, está pedindo, chamando para ver como se pode facer, pero non somos unha autoridade para dicirlles que si e que despois non se poida cumprir. Penso que as administracións non se acordan moito de nos, ninguén se preocupa de que é un sector que está parado ao que lle hai que darlle vida. Igual pasa coas festas, penso que hai que abrir un pouco a man porque hai moita xente que o está pasando mal e creo que non habería tanta necesidade diso.

Fixeron algún cambio ou mellora nas instalacións?

Agora estamos colocando os medidores de CO2 e facemos as medidas de control, incluso cando hai un pequeno evento. Intentase tomar a temperatura a todos, a xente está concienciada, tamén coidamos ao máximo a limpeza e hixienizamos a fondo. A nós tamén nos preocupa o risco de que haxa un contaxio masivo, habería que facer probas antes, algo que está en estudo, se saen ben seguimos adiante, senón pois algún terase que ir para a súa casa. Á xente que vai ao mar tamén había que facerlle as probas antes, temos que intentar previr, porque á xente preocúpalle isto.

Nota cansanzo na xente?

Segundo esperamos un ano, hai que ter paciencia. Na miña vida pensei que isto ía durar ano e medio, tomaría outras medidas, pecharía todo ou remodelaría as instalacións, pero é algo novo, que se volve pasar xa o tomaremos sen tanta novidade e con decisións máis acertadas.

Como inflúen os novos horarios?

A xente quédase máis tempo, ás cenas ata as once da noite non lles vexo moito sentido. A ampliación dáche unha liberdade e alegría, pero tes que irte ás dez da noite e iso xa non incita a saír moito. Notamos que a mediodía a xente alonga a sobremesa para tomar as copas e logo vaise para a casa, iso nótase bastante.

Agora hai que ter paciencia, esperar a que a vacina esté posta nun 70 ou 80% e logo seguir coas precaucións pero facer as cousas máis alegres, o que non se pode é vir agora a un evento e estar sentados.

As limitacións e os peches tamén obrigaron a cambiar o aprovisionamento de mercadoría.

Agora que saen novos casos estamos co risco de que pechen. Se eso ocurre, que fas coa mercadoría? É complicado, sobre todo nos mariscos e produtos frescos. Despois dun ano estamos medio acostumados. De todas formas, se non hai boa solución haberá que optar incluso por pechar ata que se arranxen as cousas, porque non podemos ter unha estrutura dun local grande con dez ou quince empregados esperando só a vender catro viños.

"Barallamos facer unha proba de antíxenos para que a xente esté...
Comentarios