Aurelia Casais Rivas, nova centenaria de A Pontenova

Darío Campos desexoulle que siga gozando de moita saúde para seguir cumprindo anos
Aurelia Casais Rivas celebrou os seus 100 anos coa familia, e recibiu a visita do alcalde. EP
photo_camera Aurelia Casais Rivas celebrou os seus 100 anos coa familia, e recibiu a visita do alcalde. EP

O alcalde da Pontenova, Darío Campos Conde, acompañado da concelleira de servicios sociais, Isabel Couto González, homenaxearon á veciña de Dodrín Aurelia Casais Rivas, que vén de cumprir cen anos.

Nesta agarimosa celebración estivo acompañada de toda a súa familia, comezando coa súa filla Carmen, o seu neto Anselmo Basanta e o seu bisneto Victor.

O concello da Pontenova suma así unha nova centenaria no seu censo. Darío Campos desexoulle a Aurelia que siga gozando de moita saúde para seguir cumprindo anos. 

Comentarios