viernes. 22.01.2021 |
El tiempo
viernes. 22.01.2021
El tiempo

Atendida no Hospital da Mariña unha muller picada por unha velutina en Foz

Pexegueiro cun niño velutina en Santa Cilla. AMA
Pexegueiro cun niño velutina en Santa Cilla. AMA
A afectada está fóra de perigo e foi ao centro hospitalario por medo a ser alérxica

Unha muller maior da parroquia de Santa Cilla, no concello de Foz, tivo que ser atendida na tardiña deste luns no Hospital da Mariña, situado en Burela, logo de ter sido atacada por unha avespa velutina. A afectada, que ingresou por Urxencias, atópase ben e acudiu ao complexo hospitalario por medo ao non saber se podería ser alérxica ao seu veleno ou ter unha reacción ao mesmo.

O ataque da avespa aconteceu cando a muller se achegou a unha raíz dun pexegueiro, onde estaba o niño das velutinas, para levar a cabo tarefas de roza rutinarias. Un veciño avisou decontado do ocorrido, razón pola cal dende o Concello mobilizaron o servizo de Protección Civil para que os seus compoñentes procedesen á desactivación do avespeiro, que se produciu a última hora da tarde, segundo confirmou o alcalde.

O Concello focense ten contratado un trampeo profesional para minimizar a presencia do insecto invasor. A firma Serpa de Viveiro é a encargada destes traballos, aos que despois fai un seguimento coa posterior retirada tanto das raíñas agora capturadas como dos niños atopados, que na seguinte fase terán sobre todo obreiras, segundo o tenente de alcalde, Xavier Fanego.

Atendida no Hospital da Mariña unha muller picada por unha velutina...
Comentarios