Ocho asociaciones se oponen al trazado de la autovía A-74 por San Martiño, en Foz

Asociaciones de la parroquia de San Martiño,en el Concello de Foz, han trasladado su desacuerdo con el trazado de la autovía A-74 en el tramo Barreiros-Foz. Ocho entidades han suscrito un manifiesto y dicen que ya en 2007 habían mostrado su oposición y un diseño alternativo sobre el que no tuvieron respuesta.

Ocho asociaciones de la parroquia de San Martiño, en Foz, entre ellas la de vecinos de la localidad y dos del barrio de Forxán, además de la agrupaciones culturales Virxe do Carme y O Centiño. y tres más vinculadas a celebraciones religiosas, han suscrito un manifiesto de oposición al trazado de la autovía A-74 entre Barreiros y Foz, a exposición pública. Reactivan así la protesta por los planes de hace diez años respecto a los lugares más emblemáticos de esta parroquia. Su posición es la siguiente:

"Neste manifesto queremos expresar o noso malestar por un trazado que afecta, ao noso entender de forma importante, tanto ao  patrimonio natural e histórico da parroquia coma ao seu entorno, e que supón un importante recurso turístico para toda a zona da Mariña. Retómanse con este manifesto os traballos realizados por distintos colectivos veciñais durante os anos 2007 e 2008, coa presentación de diferentes recursos e a proposta dun trazado alternativo con menor impacto que o aprobado actualmente. Pensamos que o trazado publicado non é o idóneo por distintos motivos:

1. Un tramo "poligoneiro":
Desde o centro de Foz ao enlace coa A-8 en Barreiros hai na actualidade cinco quilómetros. Acudindo a través da futura A-74 percorreriamos catorce quilómetros, cunha limitación de velocidade de 100 km/h, xa que o enlace de Foz á autovía atópase ao carón do Polígono Industrial de Fazouro.

2. Unha ruta de sendeirismo:
Nestes catorce quilómetros de autovía pasariamos á beira da área recreativa do Bispo Santo, a capela de A Grela e o miradoiro de “Pico da Lebre” no barrio de Forxán. Descenderiamos ata o Caritel cruzando por un viaduto, afectando no seu percorrido ao camiño de San Rosendo, ata acercarnos a douscentos metros da basílica románica de San Martiño. Continuaría desfacendo a ladeira do monte, onde se atopa a mina milenaria Cano dos Mouros, recoñecida recentemente polo Servizo de Patrimonio e incluída no inventario coa clave GA 27019023. Este trazado pasa  por derriba deste ben patrimonial e, se non se modifica, acabará sendo destruído; ao igual que o Castro da Senra, outro ben patrimonial que tampouco detectaron os arqueólogos que revisaron este trazado.

Desde este punto da autovía tamén poderiamos admirar o castro de Lelle, próximo á basílica románica, e no que actualmente se están a facer inversións para a súa recuperación. Logo pasariamos preto da área recreativa da “Virxe do Carme”, lugar de gran tradición mariñeira e onde se celebra unha das verbenas do verán máis coñecidas de Galicia.

3. Enlaces a onde?
A este trazado engádeselle agora o enlace coa LU-152  (chamado enlace do Carme pola súa localización) en sentido Ribadeo sen deixar acceso en sentido Burela, onde se atopa o Hospital Público da Mariña, obrigando aos usuarios desta estrada a desprazarse ao enlace de Fazouro para acceder á autovía en sentido Burela-San Cibrao (sempre que algún día se continúe a A-74 máis aló de Fazouro). Coa construción deste novo enlace está proxectada a demolición dunha casa histórica da parroquia.

4. Custo excesivo:
O custo deste tramo de autovía de 11,15 km ascende a 241,5 millóns de euros (21 millóns de euros/km, moi superior ao custo medio/km dunha autopista,  millóns de euros/km), sen saber cando nin como continuará ata enlazar en San Cibrao, onde remata este proxecto. 
Se ben é certa a necesidade de desviar o tráfico da N-642 en tramos de poboación, en Foz e Burela xa dispoñen de variantes e entendemos que existen outros tipos de vías con bastante menos impacto e custo económico, sen necesidade de descompoñer xeograficamente unha parroquia como a de San Martiño. Entendemos pois que unha autovía ten sentido cando se comunican grandes poboacións ou grandes percorridos, pero neste caso, unha vez acabada terá 35,6 km para unirse cos 78 quilómetros da Vía de Alta Capacidade (VAC)  A Mariña-Ortegal, desde San Cibrao a San Sadurniño; un proxecto este último que a Xunta estima un custo superior aos 600 millóns de euros.

Cabe sinalar que un dos principais sectores económicos de Foz é o turismo, o cal se pretende non limitar unicamente á época estival, e que nestes últimos anos está cobrando cada vez máis importancia o turismo sostible, que choca de cheo co “feísmo”; é dicir, co feito de pasar unha autovía ao carón dun BIC e monumento nacional como é a Basílica de San Martiño, catedral románica máis antiga que se conserva en España, e sede episcopal dobre (dumiense de Dumio e britoniense de Bretoña) desde o S. IX ata o S. XII.

Tendo en conta esta viaxe, é máis fácil pensar nunha ruta cultural que no trazado dunha autovía e, aínda que o proxecto se axuste ás condicións establecidas polos distintos organismos, o impacto estético e medioambiental é tremendo, ao que teriamos que engadir ademais a afectación de fontes naturais que brotan nas ladeiras afectadas e que subministran as vivendas do entorno, que coas distintas escavacións se verán totalmente afectadas.

O obxectivo principal deste manifesto é trasladar de novo aos diferentes organismos o noso desacordo co trazado da autovía A-74 ao seu paso pola nosa parroquia; así como tratar de informar en poucas liñas a aqueles veciños e visitantes que descoñecen estes feitos, para que sexan conscientes do cambio irreversíbel que vai sufrir o noso contorno coa construción desta autovía. Ben sexa para que se mobilicen no sentido que consideren  ou para que gocen do noso patrimonio os anos que nos queden ata que no lo desfagan...".

Comentarios