Así queda a mobilidade en A Mariña: prohibicións e excepcións recollidas no DOG

A MARIÑA _ CONTROLES A8 RIB
photo_camera Un control na A-8, en Ribadeo. EP

YDesde as 00.00 horas deste sábado cambian as condicións de mobilidade en A Mariña. Sete municipios –O Vicedo, Alfoz, Mondoñedo, Ourol, Lourenzá, O Valadouro y Trabada– quedan sen restricións; Burela permanecerá illada e non se poderá entrar nin saír do municipio, e limítase tamén a entrada e saída de persoas no ámbito territorial que conforman os concellos de Viveiro, Xove, Cervo, Foz, Barreiros e Ribadeo. 

No entanto, existen excepcións, que recolle o DOG. Son estas:

  1. Desprazamento ao lugar de traballo para efectuar a prestación laboral, profesional ou empresarial, incluídos o transporte, a prestación de servizos, o comercio e as actividades empresariais e económicas.
     
  2. Retorno ao lugar de residencia habitual
     
  3. Asistencia e coidado de maiores, menores, dependentes, persoas con discapacida-de ou persoas especialmente vulnerables.
     
  4. Por causa de forza maior ou situación de necesidade. Pódese entrar ou saír do municipio para votar.
     
  5. Por desprazamentos ao Hospital da Mariña ou desde o Hospital da Mariña, ou do mesmo  modo,  aos  puntos  de  atención  continuada de acordo coa asignación correspondente.
     
  6. Calquera outra actividade de análoga natureza.

A limitacións de entrada e saída indicadas non afectarán a circulación por autovías e outras vías de comunicación cando se trate de mobilidade con orixe e destino fóra do concello de Burela ou fóra do ámbito territorial delimitado polos municipios de Viveiro, Xove, Cervo, Foz, Barreiros e Ribadeo. Iso si, sempre e cando "non comporte a mobilidade fóra destas vías". É dicir, calquera conductor poderá circular pola A-8, que atravesa varios concellos con limitacións, sempre e cando non se deteña neles.

Dentro do seu ámbito territorial –un veciño de Burela dentro do seu municipio ou un de Viveiro dentro do conxunto territorial conformado polos concellos da chamada zona laranxa– poderá circularse sen limitacións, agás as persoas con sintomatoloxía ou con medidas específicas para casos e contactos estreitos.

"Sen prexuízo do indicado, para a colaboración coas autoridades sanitarias e de acordo co principio de precaución, recoméndaselle á poboación do dito ámbito territorial permanecer nos seus municipios de residencia e limitar a mobilidade aos casos imprescindibles mentres se manteña a efectividade das medidas establecidas nesta orde", conclúe o DOG.

Comentarios