Ana Ermida: "Nós somos un colectivo que pensamos en unir en lugar de dividir"

A alcaldesa de Barreiros toma el bastón de mando entre sones de 'Grándola, Vila Morena' tras 16 años de Alfonso Fuente en el poder y con la promesa de abrir las puertas del concello a todo el mundo

Moitas esperanzas teñen depositadas os barreirenses na figura de Ana Ermida, unha muller con grande capacidade, e tenacidade para acadar os seus obxectivos xa que logo de ser xerente do GDR da Mariña, foi quen de aprobar unhas oposicións de funcionaria e ter ao seu fillo, con quen compartiu o momento da investidura. Agora só pensa en poñerse mans á obra nun concello coma Barreiros que no tema de obras ten moito que cortar. O remate do seu discurso foi un "Grazas por todo, e que Viva Barreiros!".

Xa teñen pensado como van distribuir as competencias de goberno?

Non tivemos tempo de organizar nada pois a nosa prioridade estaba clara, responder ao mandato dado pola veciñanza para o cambio de goberno. Só está definido o papel de Carmen Veiga neste goberno municipal. Temos aínda días para definilo pero chega o verán e haberá que convocar un pleno canto antes.

Cales son as tarefas que a priori requiren máis urxencia ou atención en Barreiros?

Sen dúbida, a tempada de praias. O tema dos socorristas é urxente e importante. Este luns sentareime coa secretaria municipal para ver os asuntos de atención urxente.

Vai continuar como coordenadora comarcal do BNG?

Teremos que falalo, veremos como nos reorganizamos pero en principio a alcaldía non é incompatible con esa función.

Terá que rabuñar aínda máis tempo para a política.

Xa expresei no meu discurso que somos un colectivo, un conxunto e imos trasladar iso ó labor de goberno municipal. Nós pensamos en unir en lugar de dividir. En sumar para medrar. Non obstante, isto tamén o fixo posible a miña familia: papá, David, Bruno, que case non teñen que soportarme porque non me ven. Paz, Marisa, Vicente, Inma, Javi, Nano, Riqui... ogallá puidera dicir máis nomes. Pero sei que eles tamén o fixeron posible.

Comentarios