lunes. 18.11.2019 |
El tiempo
lunes. 18.11.2019
El tiempo

Os traballadores de Alcoa de San Cibrao inician o seu calendario de protestas

Los trabajadores de Alcoa se manifiestan en San Cibrao. JOSÉ ÁLVEZ
Los trabajadores de Alcoa se manifiestan en San Cibrao. JOSÉ ÁLVEZ
O luns reuniranse coa ministra de Transición Ecolóxica en Madrid 

Os traballadores de Alcoa San Cibrao iniciaron este venres o seu calendario de mobilizacións en defensa do emprego cunha concentración ante a fábrica desde as 14.00 horas.

O presidente do comité de empresa, Xosé Paleo, advertiu de que non se pode permitir que o Goberno central permita o peche dunha fábrica competitiva "por non ter un prezo para a enerxía que permita competir con Francia ou Alemaña", nun sector do aluminio "con moito futuro".

Respecto diso, asegura que este é "o primeiro paso" dunha reivindicación na que "queda moito por facer". De feito, o vindeiro luns, 16 de setembro, o comité de empresa foi convocado a unha reunión coa ministra de Transición Ecolóxica en Madrid.

Nesta liña, o secretario xeral da CIG, Paulo Carril, censurou que "é impresentable" que o Executivo de Pedro Sánchez "siga atrasando a solución ao prezo da enerxía" ao non aprobar o estatuto para a industria electrointensiva. 
Os traballadores seguirán coas súas concentracións todos os venres durante o mes de abril, á vez que prevén realizar unha marcha até a Subdelegación do Goberno en Lugo, unido a manifestacións en Madrid na Mariña.

EN MAREA APOIA A MOBILIZACIÓN

Pola súa banda, En Marea pediu ao Goberno central que habilite as axudas á industria electrointensiva que garantan a viabilidade do sector de factorías como a de Alcoa en San Cibrao para mellorar e abaratar o acceso das mesmas á enerxía eléctrica.

O portavoz de En Marea, Luís Villares, o deputado Francisco Casal e o integrante da coordinadora de En Marea e traballador da fábrica de Alcoa, Javier Arca, reuníronse co comité da empresa e sumáronse ás mobilizacións iniciadas este mediodía polo cadro.

En Marea reclama ao Goberno os 200 millóns "dos que dispón" para a compensación dos custos por CO2, algo que pode realizar "aínda estando en funcións". Para Villares esta medida suporía "unha baixada até os 50 euros do megawatt/hora e constituiría un "alivio nos prezos que pagan as empresas electrointensivas".

Os traballadores de Alcoa de San Cibrao inician o seu calendario de...
Comentarios