O alcalde de Cervo convida a Alcoa a marcharse da Mariña: "Non pode seguir na nosa comarca"

Asegura que o Goberno central orixinou o problema cando "desapareceu a tarifa eléctrica" existente para as industrias electrointensivas hai dous anos, polo que agora é quen debe arranxalo

O alcalde de Cervo, o popular Alfonso Villares, convidou este venres a Alcoa a marcharse da Mariña, porque a multinacional americana "non pode seguir" na comarca "nin xestionando aluminio, nin alúmina". Así de contundente foi o rexedor do municipio onde radica a planta de San Cibrao, quen asegurou que "unha vez chegado a este escenario", cun Ere presentado que afecta a máis de 500 traballadores, o novo paso "é tentar facer o posible" para que o Estado, "que ten todas as competencias e a posibilidade de arranxar este asunto, o faga". 

Con todo, Alfonso Villares apuntou ao actual Goberno central ao explicar que o "problema" na fábrica naceu porque "desapareceu a tarifa eléctrica que había" para as industrias electrointensivas até "hai case dous anos". 

#EnVídeo 📹
Los trabajadores de Alcoa colaboran con el Banco de Alimentos de A Mariña

"Esta sendo negativo (en canto a perdas) a produción de aluminio primario en todo o país e por iso xorde este problema", engadiu. Dito isto, esgrimiu que "quen expuxo este problema", debe ser quen "o ten que resolver".

UNHA INTERVENCIÓN. Neste contexto, o alcalde de Cervo confía en que o Goberno central estea a traballar na "intervención" da factoría de San Cibrao. "Así se nos dixo a todos, (...) aínda que tamén dixeron que se ía a aprobar o estatuto para electrointensivas, e diso fai máis de ano e medio e está sen aprobar", lembrou. 

Ademais de propor que "se interveña" a planta, dixo que ve "necesario" ese estatuto "para seguir producindo aluminio na comarca" da Mariña aínda que Alcoa marche. 

Villares, aínda que non entrou a valorar os 170 millóns de euros de perdas que alega a multinacional para xustificar o peche, si insistiu en que "producir aluminio en San Cibrao non é rendible desde fai máis de ano e medio". 

Comentarios